Matrícula para o Curso 2015/16
O prazo ordinario de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo. O prazo extraordinario abranguerá desde o 1 ao 10 de setembro.
O alumnado poderá descargar todos os impresos necesarios para a matrícula no IES de Viós no apartado "Secretaría", subapartado "Descarga de Impresos".
O alumnado do centro só terá que entregar o impreso de matrícula do curso que lle corresponde debidamente cumprimentado.
O alumnado que se matricule por primeira vez no IES Viós deberá achegar xunto co impreso indicado anteriormente a seguinte documentación:
- Impreso de datos persoais e familiares
- Consentimento ou non para ser fotografado, ou gravado en video
- Consentimento ou non para subministrar medicación
- Outra documentación:
- Fotocopia do DNI (de telo)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de familia (páxinas onde figuren os pais e o alumno/a)
- 4 fotos recentes tamaño carnet (co nome escrito por atrás)
- Se o alumno/a padecese algunha enfermidade, alerxia, etc., pregámos o comuniquen ao centro.
Para calquera dúbida, poden telefonear ao centro en horario de oficina (981673195)