Eventos
Durante o mes de febreiro, as alumnas e alumnos de Viós poderán disfrutar da exposición Con A de Astrónomas da Sociedade Española de Astronomía (SEA).
Coa axuda de trece paneis explicativos, a exposición percorre de xeito ameno e didáctico, os principais fitos na historia da astronomía, dende a perspectiva das mulleres que os fixeron posibles. Son por exemplo, Aglaonike que predecía eclipses de Lúa na Grecia clásica, ata Caroline Herschel que descubriu cometas e estudiou as estrelas binarias no século XVIII. Pero tamén moitas investigadoras que na actualidade sinalan o futuro desta ciencia. Unha delas Josefina Ling, da USC, comisaria da exposición e que facilitounos a posibilidade de traela a Viós.
Continuamos así, coas actividades relacionadas coa Astronomía que o noso centro desenvolverá durante o presente curso escolar.
Visita dol alumnos de 4º da Eso do IES de Viós a UDC (Universidade da Coruña).
O pasado venres día 10 os alumnos visitaron as instalación e diversas facultades e Escolas da Universidade.
A actividade resultou moi motivadora para todos os alumnos.