Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 09/02/2017 06:19
Coa axuda de trece paneis explicativos, a exposición percorre de xeito ameno e didáctico, os principais fitos na historia da astronomía, dende a perspectiva das mulleres que os fixeron posibles. Son por exemplo, Aglaonike que predecía eclipses de Lúa na Grecia clásica, ata Caroline Herschel que descubriu cometas e estudiou as estrelas binarias no século XVIII. Pero tamén moitas investigadoras que na actualidade sinalan o futuro desta ciencia. Unha delas Josefina Ling, da USC, comisaria da exposición e que facilitounos a posibilidade de traela a Viós. Continuamos así, coas actividades relacionadas coa Astronomía que o noso centro desenvolverá durante o presente curso escolar. |