Co gallo da celebración do DÍA DA PAZ, alumnado de 4º da ESO, xunto coa responsable do EDLG do centro, visitarán aos nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP Eloísa Rivadulla para unha sesión de contacontos.
Con motivo desta conmemoración, tamén podedes desfrutar dos carteis elaborados polo alumnado de Bacharelato e a profesora de Latín, que xa se atopan nos corredores do noso IES.
Preme nas imaxes para ver máis fotografías.
Organizan: Departamento de EDLG e Departamento de Latín.
Lugar: CEIP Eloísa Rivadulla e IES Val do Asma.
Grupos: 4º ESO e Bacharelato