Skip to Content

ESGRAFIADOS NA RIBEIRA SACRA

21/02/2019 11:45
21/02/2019 14:15

Alumnado de 3º e 4º ESO e 1º  de bacharelato acudirá a visitar unha exposicón sobre esgrafiados no Espazo Xove de Chantada.
Lugar: Chantada
Grupos: 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC
Organiza: Departamento de Plástica.

CONVIVENCIA ESCOLAR

AMPLIADO ATA 24 MARZO!!!

Recollida de datos para diagnosticar e facer o seguimento da convivencia escolar:

ALUMNADO de ESO FAMILIAS
ALUMNADO N.E. P.A.S.
ALUMNADO de BAC, CM e CS    PROFESORADO

Para máis información preme aquí

PROA E REFORZO NA ESO E FP BÁSICA

19/02/2019 15:05

O martes 19 de febreiro de 2019 comeza o:

  • PROA (Programa de acompañamento escolar fóra do horario lectivo)para o alumnado de 1º e 2º ESO
  • Reforzo de competencias clave para alumnado de 3º e 4º ESO e de FP básica.

PROGRAMAS PARA A MOCIDADE

19/02/2019 12:30
19/02/2019 13:30

Alumnado de Ciclos Superiores acudirá aunha charla impartida polo Espazo Xove de Chantada

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de ACE en colaboración co Espazo Xove de Chantada.

07/02/2019 A XUNTA TEN PREVISTO AMPLIAR O IES VAL DO ASMA PARA O CURSO 2019-2020

Para ver as nova institucional preme aquí e para vela nos distintos medios preme nas imaxes seguintes:

 

 

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

13/02/2019 11:30
13/02/2019 18:30

Alumnado de bacharelato acude á fase galega das Olimpíadas de Xeoloxía

E gañan a proba por equipos! Parabéns!

Lugar: Facultade de Ciencias de Ourense
Grupo: 1º BAC (Ciencias)
Organiza: Departamento de Bioloxía.

 

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN ESO E BACHARELATO CURSO 2019-20

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 18/19 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2019 presentando o formulario ED550A. Para máis información preme aquí.

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2019 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

TEATRO "BICOS CON LINGUA"

11/02/2019 09:00
11/02/2019 16:30

Alumnado de 4º ESO e 1º BAC acudirá á representación teatral Bicos con lingua.

Lugar: Santiago de Compostela

Grupos: 4º ESO e 1º BAC.

Organiza: Departamento de Galego.

CAMPUS DE LUGO

05/02/2019 09:15
05/02/2019 15:15

Alumnado de bacharelato acudirá a visitar distintas facultades da Universidade de Santiago, no Campus de Lugo.
Lugar: Lugo
Grupos: 1º BAC e 2º BAC
Organiza: Departamento de Orientación.

 

 

VISITA Á EMPRESA JIM SPORTS TECHNOLOGY

31/01/2019 09:00
31/01/2019 14:00

O día 31 de xaneiro o alumnado dos ciclos formativos de Administración e Finanzas visitará a empresa Jim Sports Technology en Palas de Rei. 

Organiza: Departamento de Administración e Finanzas

Lugar: Polígono Industrial de Palas de Rei

Grupos:  C.S. de Administración e Finanzas (réxime Dual e Ordinario)

 

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut