Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Friday February 21, 2020 »
Fri
Start: 21/02/2020 11:15
End: 21/02/2020 14:15

ORGANIZACIÓN NA ESO DO ENTROIDO

  • Durante as tres primeiras horas o alumnado da ESO  terá clases normais:
  • No tempo de lecer (recreo)  o alumnado poderá maquillarse e vestirse cos seus disfraces. 
  • Despois do recreo, subirá as clases onde agardará co profesor/a pertinente a que sexan chamados pola vicedirectora para baixar de xeito ordeado e trasladarse ao centro de primaria Eloísa Rivadulla.

Organización no CEIP Eloísa Rivadulla.

  • O alumnado do noso centro irá acompañado polo profesorado co que teña clase, permanecendo o profesorado de garda no IES atendendo ao resto dxs alumnxs.
  • Nun primeiro momento os alumnxs de 4º da ESO desfilarán facendo unha representación dos oficios.
  • Posteriormente desfilarán os alumnos do CEIP.
  • En último lugar desfilará o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO disfrazado do estilo musical escollido.
  • En todo momento o profesorado responsábel vixiará de xeito activo corrixindo calquera conduta que consideren inapropiada.

As actividades no CPI Eloísa Rivadulla chegarán ao seu fin ás 13:10 horas (aprox.). Nese intre o profesorado agrupará a cada curso e sairán de xeito ordeado (seguindo as ordes da vicedirectora) cara o noso pavillón onde haberá música e baile e farase entrega do premio á mellor carauta de entroido.

O profesorado deberá acompañar aos seus alumnxs no pavillón, ou, facer outra das tarefas encomendadas (vixianza de patio, edificio principal ou aula de convivencia).

ORGANIZACIÓN NO BACHARELATO E CICLOS E FPB

Dada a proximidade das avaliacións e carga de materia, o alumnado terá clase normal até a 5º hora. A partires de entón poderán disfrazarse e incoporarse á festa cos seus compañeiros e compañeiras.

 

Start: 21/02/2020 12:00

Para conmemorar o Entroido, o IES Val do Asma organiza un concurso de máscaras entre todo o alumnado.

  • Cada alumno poderá presentar unha única máscara
  • Aspectos a valorar: orixinalidade, esforzo e resultado final.
  • As máscaras presentadas entregaranse antes do día 17 de febreiro en Vicedirección.
  • Premio único para o gañador ou a gañadora do concurso: vale de 40 € do Corte Inglés.
  • As máscaras estarán expostas por todo o centro desde a súa entrega ata o 21 de febreiro.
  • O día do Entroido (21 de febreiro) os alumnos/ as votarán a máscara que máis lles guste. O período para votar será de 9:00 h. ata as 12:00 h.
  • O nome do gañador ou da gañadora darase a coñecer o día 21 de febreiro a partir das 12:00h

Pódese consultar toda a información de dito concurso no seguinte enlace.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut