Skip to Content

Novas

Boas Festas e Feliz 2023

Vacacións de Nadal 22-23

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o venres 23 de decembro de 2022 ao venres 6 de xaneiro do 2023, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público, nos días laborables, será de 10:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Protocolo de evacuación

Co fin de garantir a seguridade de todo o alumnado, profesorado e persoal que se atopa nas instalacións do IES Val do Asma, indícase o Protocolo de evacuación que, encaso de emerxencia, deberá seguir toda a comunidade educativa.

Días festivos

O martes 6 de decembro e o xoves 8 de decembro de 2022 non haberá clase por ser festivos.

Club de lectura 22/23

Admitida a solicitude, e financiada con 600,00 €, para os clubes de lectura no IES Val do Asma.

Aceso á convocatoria.

Programación Xeral Anual - PXA 22/23

Publicación da Programación Xeral Anual (PXA) do IES Val do Asma para o curso 2022/2023, aprobada en Claustro e Consello Escolar.

Contratos - Programa Innova 22-23

Publicada as resolución definitiva, na que recolle a concesión, ao IES Val do Asma do Contrato-Programa Innova 22/23.

 

Plan Proxecta 22-23

Publicada a resolución definitiva, na que recolle a concesión, ao IES Val do Asma dos seguintes Plan Proxecta 22/23:


10. Donas de si

31. Correspondentes xuvenís

Reunión informativa dos/as titores/as coas familias do alumnado de ESO e FP Básica

O vindeiro xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, celebrarase na aula de referencia do grupo, a reunión de inicio de curso entre as familias e os titores. Na reunión de 4º ESO falarase da organización da excursión de fin de etapa.

Pregamos a vosa asistencia!

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

Publicación da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 pola que se amplía a axuda para adquirir material escolar en 25 euros adicionais.

  • As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente, a partir do luns 17 de outubro de 2022.
  • O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o 31 de marzo de 2023, logo da tramitación e concesión do vale para adquirir material escolar nos termos establecidos na Orde do 29 de abril de 2022, poderá recoller no centro docente:
    a) O vale para adquirir material escolar por importe de 50 €.
    b) E o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais.
Distribuir contenido


by Dr. Radut