Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos centros de ensino promovido por DaVeiga Producción Responsable, S.L.L. Este programa levarase a cabo entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo de 2014.
Destinatarios/as: Alumnado de CS Desenvolvento de Aplicacións Web. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).
Charla sobre educación emocional para adolescentes impartida por profesionais da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia, ASEIA.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Destinatarios/as: Alumnado de CB Informática de Oficina (11:45 a 12:35), CB Mantemento de vehículos (9:35 a 10:25) e CM Electromecánica de vehículos (10:25 a 11:15). Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, eXXperimenta en feminino organiza unhas xornadas de divulgación científica nas que se presentan talleres en relación coa actividade científica e tecnolóxica levada a cabo por mulleres do Campus de Ourense.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º e 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Ourense. Organiza: Departamento de Matemáticas.
Plantando árbores con pinceis é un proxecto escolar de AFundación pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.
Destinatarios/as: Alumnado de ESO (todos os cursos). Lugar: Patio exterior. Organiza: Departamento de Orientación.
Celebración dun baile de disfraces no que participará toda a comunidade educativa. Entre as 12:35 e as 13:00 horas o alumnado, acompañado do profesorado correspondente, preparará os seus disfraces e caracterización na aula de referencia. O baile de disfraces celebrarase de 13:00 a 14:00 no patio se o tempo o permite. Nos últimos 10 minutos antes de marchar colaboraremos na recollida e limpeza.
Destinatarios/as: Toda a comunidade educativa. Lugar: IES Val do Asma. Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).
Charla sobre delitos de odio e discriminación impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehículos automóviles Lugar: Salón de Actos. Organiza: Departamento de Orientación.
Charla sobre o ciberacoso impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º ESO. Lugar: Salón de Actos. Organiza: Departamento de Orientación.