O alumnado de 4º da ESO viaxará ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago, acompañados pola súa profesora de plástica, Lola López, e o Director do IES, Óscar Pérez, para recoller o premio como gañadores do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Para ver as imaxes da recollida do premio preme na foto.
Na quincena do 9 ao 20 de abril de 2018, distribuirase froita (plátano, mazá, laranxa, pera, clementina e amorodos) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
Alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC visitará os museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga, mirador de Campodola e percorrido en catamarán polos Canóns do Sil, entre outros. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Terra. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugares: Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra. Grupos: Alumnado de 2º e 3º ESO e de 1º BAC Organiza: Departamentos de Bioloxía e Xeografía e Historia.
Alumnado do IES asistirá ao espectáculo do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino onde disfrutarán da comedia latina Anfitrión de Plauto e da traxedia grega Las Troyanas de Eurípides.
Alumnado do IES realizará un roteiro polo río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, en bicicleta ou a pé dependendo do tempo. Para ver máis imaxes preme na foto. Lugar: Ourense Grupos: 4º ESO (ciencias). Organiza: Departamento de Bioloxía.
Dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre as titulacións e servizos ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 26 de marzo ata o luns 2 de abril de 2018, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.
Horario de atención ao público:
Luns
26 de marzo
11:00 a 13:00 horas
Martes
27 de marzo
11:00 a 13:00 horas
Mércores
28 de marzo
11:00 a 13:00 horas
Luns
2 de abril
11:00 a 13:00 horas
Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 87 02 36 ou 638 75 21 87.
A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 2ª avaliación efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente, o venres 23 de marzo de 2018 ás 14:00h.
Alumnado de 3º e 4º da ESO, visitarán os Museos Científicos Coruñeses: O Aquarium Finisterrae, o Domus e A Casa das Ciencias. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: A Coruña Grupos: Alumnado de 3º e 4º ESO Organiza: Departamento de Bioloxía.