Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web. Lugar: Auditorio Municipal de Chantada. Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)
Ruta polo Concello de Lourenzá sobre Francisco Fdez. del Riego, autor ao que se dedica o Día das Letras galegas 2023 e visita á vila de Mondoñedo e á casa de Álvaro Cunqueiro tamén en Mondoñedo.
Desinatarios/as: Alumnado de 4º ESO e 1º BAC. Lugar: Mariña Lucense Organiza:Departamento de Galego.
Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web. Lugar: Auditorio Municipal de Chantada. Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)
O alumnado, de 3º ESO, participante no Carballo Interplay, acompañado do profesor de Plástica, Iván Capón, acudirá a este festival a presentar a súa curtametraxe Flipped Classroom que está entre as finalistas da sección do concurso Dinoescolas.
Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO. Lugar: Carballo (A Coruña). Organiza: Departamento de Plástica.