Actividade promovida polo Espazo Xove Chantada destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (de 9:25 a 10:25 horas) e 4º ESO (de 10:25 a 11:20 horas). Lugar: Chantada. Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.
Segunda sesión do obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Asistencia ao Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Dirixido a: Alumnado de CB, CM e CS de Formación Profesional. Lugar: Cidade da Cultura de Galicia - Santiago de Compostela. Organiza: Departamento de FOL.
Alumnado de 3º ESO e PDC terán a terceira sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller, que foi cancelada por mor do mal tempo o pasado 8 de marzo.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO Lugar: Chantada Colabora: Departamentos de Orientación e de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).
Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de oficina e 1º CS Desenvolvemento de aplicacións web. Lugar: Santiago de Compostela. Organiza: Departamento de Informática.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica deseguido: – Ás 9.00 horas: presentación. – Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá). – Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).
Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.