CONCURSO DE MÁSCARAS
21/02/2020 12:00
Para conmemorar o Entroido, o IES Val do Asma organiza un concurso de máscaras entre todo o alumnado.
- Cada alumno poderá presentar unha única máscara
- Aspectos a valorar: orixinalidade, esforzo e resultado final.
- As máscaras presentadas entregaranse antes do día 17 de febreiro en Vicedirección.
- Premio único para o gañador ou a gañadora do concurso: vale de 40 € do Corte Inglés.
- As máscaras estarán expostas por todo o centro desde a súa entrega ata o 21 de febreiro.
- O día do Entroido (21 de febreiro) os alumnos/ as votarán a máscara que máis lles guste. O período para votar será de 9:00 h. ata as 12:00 h.
- O nome do gañador ou da gañadora darase a coñecer o día 21 de febreiro a partir das 12:00h
Pódese consultar toda a información de dito concurso no seguinte enlace.