Eventos
O 17 de maio non haberá clase por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)
Ruta polo Concello de Lourenzá sobre Francisco Fdez. del Riego, autor ao que se dedica o Día das Letras galegas 2023 e visita á vila de Mondoñedo e á casa de Álvaro Cunqueiro tamén en Mondoñedo.
Desinatarios/as: Alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
Lugar: Mariña Lucense
Organiza:Departamento de Galego.
Data de celebración das probas de acceso a CM. Acceso á toda a información.
Charla do xornalista e sociólogo Carlos A. Rodríguez Calvo, que desenvolveu a sua traxectoria periodística en Atlántico Diario, La Región, RCE Ourense, RNE, Radio Galega, entre outros.
Destinatarios/as: Alumnado 3º ESO
Lugar: IES Val do Asma
Organiza: Departamento de Música