Eventos
Segunda sesión do programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).
As tres coordinadoras Eramus+ dos centros educativos Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia), LPO Lama-Prevot de Cayenne (Francia) e IES Val do Asma realizarán unha videochamada, o martes 16 de maio de 2023, para tratar sobre o proxecto Erasmus+ conxunto, que finalizará o 31/08/23. Para saber máis deste proxecto con código 2020-1-FR01-KA229-080491_2 preme aquí.
O 17 de maio non haberá clase por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Con motivo da finalización da formación escolar nos 2º cursos (BAC, CM e CS), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá a orla de grupo e un diploma acreditativo da súa formación.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º BAC, 2º CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, 2º CS Administración e finanzas e 2º CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complemetarias e Extraescolares)
Ruta polo Concello de Lourenzá sobre Francisco Fdez. del Riego, autor ao que se dedica o Día das Letras galegas 2023 e visita á vila de Mondoñedo e á casa de Álvaro Cunqueiro tamén en Mondoñedo.
Desinatarios/as: Alumnado de 4º ESO e 1º BAC.
Lugar: Mariña Lucense
Organiza:Departamento de Galego.
Data de celebración das probas de acceso a CM. Acceso á toda a información.