Eventos
O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantad, está a organizar un obradoiro "Educacion Emocional e Sexual na Familia" que impartirán dende o Centro Quérote + de Lugo. Este obradoiro que está dirixido a nais, pais, avós, avoas, tíos/as, educadores/as, etc., terá lugar o mércores, 19 de abril de 17:00 a 18:30 no Telecentro. Poderán ir acompañados/as das crianzas, xa que facilitarán un espazo de conciliación da man de Velaisca noutra aula do Telecentro.
Para participar as familias teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a este enderezo (educacionfamiliar@concellodechantada.org), indicando nome completo e teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Data de celebración das probas de acceso a CS. Acceso á toda a información.
Con esta proposta achegamos contidos da xestión emocional ao alumnado do IES Val do Asma. No obradoiro daranse pautas claras para xestionar as emocións e escoitaranse as súas necesidades.
Mediante tarefas de reflexión guiada buscarase co alumnado amose unha capacidade superior de entendemento emocional propio e alleo, o que suporá un desenvolvemento da súa intelixencia emocional e as súas habilidades comunicativas.
Relatoras: Verónica Ledo e Natalia González, fundadoras da cooperativa de formación ecosocial Educalecrín.
Dirixido a: Alumnado de 1º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.
Nova reunión do presidende de APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, co alumnado do CB Mantemento de vehículos e o profesorado que participará nas mobilidades de Italia do mes de maio.
Dirixido a: Alumnado de CB de automoción.
Lugar: En liña
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración de APAGA.
Con esta proposta achegamos contidos da xestión emocional ao alumnado do IES Val do Asma. No obradoiro daranse pautas claras para xestionar as emocións e escoitaranse as súas necesidades.
Mediante tarefas de reflexión guiada buscarase co alumnado amose unha capacidade superior de entendemento emocional propio e alleo, o que suporá un desenvolvemento da súa intelixencia emocional e as súas habilidades comunicativas.
Relatoras: Verónica Ledo e Natalia González, fundadoras da cooperativa de formación ecosocial Educalecrín.
Dirixido a: Alumnado de 1ºCB Informática de Oficina (9:35 a 11:15) e 1ºCB Mantemento de vehículos (12:35 a 14:15).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.
O alumnado dos primeiros cursos da FP básica participará nunha saída ao Espazo Xove de Chantada para asistir a un taller de improvisación impartido por os Gallos del Norte.
Dirixido a: Alumnado de 1ºCB IFO e 1ºCB AUTO.
Lugar: Espazo Xove de Chantada
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.
O martes 2 de maio de 2023 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.
Alumnado, acompañado de membros da ANPA e do profesorado, participará na Ruta 5 (Barreiros e Ribadeo) dentro do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia de Lugo.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO
Lugar: Lugo e Mariña Lucense
Organiza: Asociación de nais e pais (ANPA)