Eventos
Como complemento ao Obradoiro de robótica que fixeron os alumnos e alumnas de 1º e de 2º da ESO para celebrar o Día da nena e a muller na ciencia da man de Dreams to Space lanzaremos un "foguete espacial". Será espectacular!
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Toda a comunidade educativa
Organiza: Departamento de Orientación
Alumnado de FP participará nun curso de primeiros auxilios impartido pola Cruz Vermella.
Lugar: IES VAl do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de formación profesional.
Organiza: Departamento de FOL
Encontro no que participa, Mónica González Otero, Inspectora de Traballo especialista en igualdade e o alumnado de FP.
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de CM e CS
Organiza: Departamento de Orientación
O luns 16 de maio non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.