Eventos
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade (declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas).
O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
ACTIVIDADE: XINCANA POLA INCLUSIÓN
Destinatarios: 1º e 2º ESO
Día: 10/12/2019
Organiza: Departamento de Orientación
Entidade colaboradora: COGAMI Lugo
Pódese consultar máis información aquí.
Alumnado do C.S. Administración e finanzas das modalidades ordinarias e dual visitarán Tecnópole (10h) en Ourense e o Viveiro de empresas (12.30h) do IES Laxeiro de Lalín.
Lugares: Ourense e Lalín
Destinatarios : Alumnado CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Administración.
Alumnado do IES Val do Asma participará na actividade "Eu quero rural: Alternativas de emprendemento no rural".
Dita actividade consistirá nunha visita á empresa Airas Moniz e ao Espazo Xove.
A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o venres 20 de decembro de 2019 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente ás 11:00 horas para os cursos da ESO, FP Básica e Bacharelato.
No caso dos ciclos medios e superiores, os titores farán entrega dos boletíns no momento que consideren.