Eventos
Vie | ||
---|---|---|
Empieza:14/12/2018 13:25
Fin:14/12/2018 14:00
O responsable de SEO/SEM do Grupo HOTUSA acudirá ao IES Val do Asma o próximo venres 14 de decembro, para explicarnos como se emprega na práctica, no día a día dunha empresa multinacional, unha ferramenta como Google Analytics en relación ao posicionamento, á segmentación de usuarios e campañas. As analíticas web son un dos segredos mellor gardados no marketing actual. Convidámosvos a participar nesta interesante sesión! Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma Participa: CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web e todos aqueles membros da comunidade educativa que desexen achegarse á actividade. Organiza: Departamento de Informática |