Eventos
Pola mañá o alumnado participará xunto con outros centros educativos na elaboración de esculturas de area, neste caso a temática será contos populares, na praia da Lanzada e pola tarde visitará a Illa de Cortegada. Para ver máis imaxes preme na foto.
Grupos: 3º ESO e 1º BAC.
Organizan: Departamentos de Plástica e Bioloxía
Presentación: Ás 9:00 horas.
Parte matemática e parte sociolingüística da proba: Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba: Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).
O IES Val do Asma acollerá o seguinte evento, Coloquio sobre o desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra:“Buscando o camiño a seguir”. O acto estará aberto a todo o público e nel participarán representantes de distintos ámbitos do sector turístico da zona. Para ver máis imaxes do evento preme na foto.
Lugar: Salón de actos do IES.
Grupos: C.S. Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos.
Organizan: Departamento de turismo e hostalería.
O IES Val do Asma convida aos pais/nais do alumnado a compartir un espazo de reflexión sobre a importancia de poñer en práctica estratexias activas para previr consumo de sustancias nocivas en adolescentes.
Contaremos cunha experta que exporá técnicas útiles para as familias e á que se lle poderán expor todas as dúbidas poidan xurdir neste campo.
Lugar: Salón de actos do IES
Organizan: Departamento de Orientación.
Alumnado de 4º de ESO do IES Val do Asma realizará unha visita guiada a CRTVG como parte do 1º premio do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
Aquí podedes ver o programa A Revista da TVG (minuto 22) onde sae a nova, no que participaron en directo.
Lugar: Santiago
Grupos: 4º ESO
Organizan: Departamento de Plástica.
Para ver máis imaxes da visita preme na foto.
O alumnado de ciclos formativos na modalidade de ordinario do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre técnicas de búsqueda de emprego impartida por profesionais da empresa Ader Recursos Humanos.
Lugar: Salón de actos do IES.
Grupos: F.P.B. de Mantemento de Vehículos
C. M. de Electromecánica de vehículos automóbiles
C. S. de Administración e finanzas
Organiza: Departamento de Electromecánica de vehículos automóbiles.
Convocatoria Ordinaria da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Para acceder ao calendario completo preme aquí.
Convocatoria Ordinaria da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Para acceder ao calendario completo preme aquí.
Convocatoria Ordinaria da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Para acceder ao calendario completo preme aquí.
Con motivo da finalización do período lectivo no 2º curso de Bacharelato, o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto, acudirán a unha cea conxunta do alumnado e o profesorado. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Salón de actos.
Grupos: 2º BAC
Organiza: DACE.