Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

09/05/18 UN GRABADO EN HONOR A LA HUMANIDAD

09/05/18 O ESTUDANTE CARLOS VÁZQUEZ RECOLLEU NO CONGRESO DOS DEPUTADOS O PREMIO DE DEBUXO DO DEFENSOR DO POBO

07/05/18 "ABSTRACCIÓNS FOTOGRÁFICAS", UN PROCESO CREATIVO E EDUCATIVO INSPIRADO NA OBRA DE MANUEL JORGE

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

12/05/2018 20:00
12/05/2018 21:30

Alumnado do centro vai participar nunha actividade en conmemoración do día das Letras Galegas que consiste nun acto musical coa participación de tres Corais Polifónicas e pandereteiras, entre as pezas musicais os alumnos do IES  leerán fragmentos de textos e poemas da autora homenaxeada, Mª Victoria Moreno. Durante o acto proxectaráse unha imaxe realizada polos alumnos de 4º ESO. Para máis información preme aquí.

Para ver máis imaxes desta actividade preme na foto.

PARÁMETROS PONDERACIÓN MATERIAS ABAU 2018

Publicación dos parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2018/2019. Para máis información preme aquí.

CONMEMORACIÓN DO 5 DE MAIO DÍA DE EUROPA

Para conmemorar o Dái de Europa o IES Val do Asma realizou un concerto. Acceso ao evento.

03/05/18 O DEFENSOR DO POBO PREMIA A UN ALUMNO DO IES VAL DO ASMA POR UNHA OBRA PLÁSTICA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXOS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

06/05/2018 19:00
07/05/2018 23:00

O alumno Carlos Vázquez González  viaxará a Madrid para recoller o premio como gañador da XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos", organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos, que lle será entregado no Congreso dos Deputados o luns 7 de maio entre as 11:15 e as 13:30. Asistirán ao acto os seus compañeiros de Educación plástica e visual  de 4º de ESO, a súa profesora, Lola López, e o Vicedirector do IES, Xosé Antón Domínguez. Aproveitarán a estancia en Madrid para visitar algún dos lugares máis representativos da capital. Para ver máis imaxes preme na foto.

Noraboa!!!!!

Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual e Departamento de actividades extraescolares.

PREVENCION DA DROGODEPENDENCIA (2ª PARTE)

03/05/2018 10:25
03/05/2018 14:15

Segunda charla sobre a prevención da drogodependencia impartida por persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.
Lugar: Nas aulas correspondentes.
Grupos: 1º ESO de 12:35 a 13:25
        2º ESO e PMAR de 10:25 a 11:15
        3º ESO e FPB de 13:25 a 14:15
Organiza: Departamento de Orientación.

CONCERTO DÍA DE EUROPA 9 DE MAIO.

07/05/2018 15:05
07/05/2018 15:55

Ao longo deste curso escolar o IES Val do Asma colabora de xeito continuado coa Escola de Música de Chantada, nesta ocasión celebraremos o Día de Europa, 9 de maio,  con un repertorio representativo de distintos países europeos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Salón de actos do IES.
Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4ºESO e 1ºFPB.
Organiza: Departamento de Inglés e Departamento de Francés.

 

 

Syndicate content


by Dr. Radut