Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

23/05/18 O IES VAL DO ASMA CELEBRA A VI XORNADA DE PORTAS ABERTAS

SAÍDA FOTOGRÁFICA POLA VILA DE CHANTADA - PROXECTO TERRA

24/05/2018 11:45
24/05/2018 13:25

Os alumnos buscarán a localización de diversos puntos espallados pola vila nos que se pode apreciar a evolución arquitectónica de diversas tipoloxías constructivas, unha vez tomadas as fotografías continuaran o traballo na aula  facendo unha análise pormenorizada dos elementos que se aprecian nelas. Actividade enmarcada dentro do Proxecto Terra.

Lugar: Chantada
Grupos:  1º BAC.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

PRÁCTICA DE LABORATORIO 5º PRIMARIA

21/05/2018 12:30
21/05/2018 13:30

O alumnado de 5º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio coa axuda de alumnado de 3º ESO.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO e 5º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla.
Organiza: Departamento de Bioloxía.

ENTREGA NOTAS 2º BAC

23/05/2018 09:00
23/05/2018 09:15

A entrega de notas de 2º BAC será o mércores 23 de maio de 2018 ás 9:00 horas.

As reclamacións poderanse efectuar os días 23 e 24 de maio.

VIAXE A BARCELONA

20/05/2018 07:00
25/05/2018 12:00

A semana do 20 ao 25 de Maio de 2018 o alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos realizarán a súa viaxe de fin de curso a Barcelona, tamén aproveitarán para visitar as instalacións de SEAT en Martorell.

Organiza: Departamento de automoción.

BOA VIAXE!!!!!

Para ver máis imaxes da viaxe preme na foto.

ENTREVISTA PROGRAMA "A TARDE" - CARTEL DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

VIDEO EXPLICATIVO - EXPOSICIÓN "ABSTRACCIÓNS E LINGUAXE FOTOGRÁFICA"

AXUDAS FCT 2018

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

Períodos de presentación de solicitudes:
    O primeiro prazo, entre o 15 de maio e o 14 de xuño de 2018 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realizase a FCT no período abril-xuño de 2018, entre outros.
    O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018.

Para mais información, preme aquí.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2017/18

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Prazo de presentación de solicitudes: do 7 de xuño ao 6 de xullo de 2018.

Para mais información preme aquí.

RECITAL LETRAS GALEGAS 2018

14/05/2018 15:00
14/05/2018 16:45

Recital de poemas e fragmentos de textos de María Victoria Moreno para celebrar o Día das Letras Galegas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Escola de música de Chantada

Grupos: 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC

Organiza: Equipo Dinamización Lingua Galega.

Syndicate content


by Dr. Radut