Skip to Content

Taboleiro

OBRADOIRO: PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DESDE A FAMILIA

04/06/2018 19:30
04/06/2018 20:30

O IES Val do Asma convida aos pais/nais do alumnado a compartir un espazo de reflexión sobre a importancia de poñer en práctica estratexias activas para previr consumo de sustancias nocivas en adolescentes.
Contaremos cunha experta que exporá técnicas útiles para as familias e á que se lle poderán expor todas as dúbidas poidan xurdir neste campo.

Lugar: Salón de actos do IES
Organizan: Departamento de Orientación.

 

A RIBEIRA SACRA VISTA POLO ALUMNADO DE TURISMO DO IES VAL DO ASMA DE CHANTADA

31/05/18 O COLOQUIO SOBRE TURISMO DO IES VAL DO ASMA LOGROU XERAR DEBATE

A VISIÓN DO ALUMNADO DE ESO E BAC DO IES VAL DO ASMA SOBRE O TURISMO

OBRADOIRO: PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DESDE A FAMILIA

O vindeiro luns 4 de xuño en horario de 19:30 a 20:30 o Departamento de Orientación do IES Val do Asma convida aos pais/nais do alumnado ao Obradoiro: Prevención de drogodependencia desde a familia, para máis información prema aquí.


SAÍDA DIDÁCTICA A O GROVE E Á ILLA DE CORTEGADA

31/05/2018 08:45
31/05/2018 20:00

Pola mañá o alumnado participará xunto con outros centros educativos na elaboración de esculturas de area, neste caso a temática será  contos populares, na praia da Lanzada e pola tarde visitará a Illa de Cortegada. Para ver máis imaxes preme na foto.
Grupos: 3º ESO e 1º BAC.
Organizan: Departamentos de Plástica e Bioloxía

 

COLOQUIO SOBRE O DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO DA RIBEIRA SACRA

31/05/2018 17:00
31/05/2018 19:30

O IES Val do Asma acollerá o seguinte evento, Coloquio sobre o desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra:“Buscando o camiño a seguir”. O acto estará aberto a todo o público e nel participarán representantes de distintos ámbitos do sector turístico da zona. Para ver máis imaxes do evento preme na foto.

Lugar: Salón de actos do IES.
Grupos: C.S. Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos.
Organizan: Departamento de turismo e hostalería.

DESIGUALDADE DE XÉNERO: CAUSAS E CONSECUENCIAS

30/05/2018 09:33
30/05/2018 13:25

Celebración de charlas-coloquio sobre o sexismo. Esta actividade vencéllase ao Plan Proxecta e ao Proxecto interdisciplinar no que participan distintos departamentos do centro: Plástica e Visual, Orientación, Filosofía, Francés, Inglés, Lingau Castelá, Lingua Galega, Latín, FOL, DACE, Administración, Xeografía e Historia, Música e Educación Física. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Salón de actos

Grupos Horario
1º ESO 09:35 a 11:15
2º ESO 11:45 a 13:25

Organiza e coordina: Equipo da Biblioteca.

28/05/18 O IES VAL DO ASMA ABRIU AS PORTAS PARA AMOSAR A OFERTA FORMATIVA

25/05/18 O IES VAL DO ASMA PON SOBRE A MESA O DEBATE SOBRE O CAMIÑO DO DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO NA RIBEIRA SACRA.

Syndicate content


by Dr. Radut