Skip to Content

Taboleiro

SORTEO XUNTA ELECTORAL ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

29/10/2018 16:50
29/10/2018 17:20

O luns 29 de outubro de 2018 ás 16:50 horas celebrarase no Salón de Actos do IES o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento electoral dos novos membros do Consello Escolar

EXPOSICIÓN MANUEL JORGE

25/10/2018 09:35
25/10/2018 14:15

Alumnado de Plástica da ESO acudirá ao Museo Provincial de Lugo para visitar a exposición pictórica do chantadino Manuel Jorge.

Lugar: Museo Provincial de Lugo

Grupos: 1º, 3º e 4º ESO

Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual

Preme na foto para ver máis imaxes da visita.

DÍA DO CINE

22/10/2018 15:05
22/10/2018 16:45

Un concertista de piano interpretará pezas das bandas sonoras de películas de tódolos tempos para achegar o mundo do cine ao alumnado da ESO.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: ESO

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Para ver máis fotos preme na imaxe.

 

Para ver a nova en Televinte preme aquí.

 

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2018

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Para acceder á convocatoria preme aquí.

Dende o IES Val do Asma animámosvos a presentar as vosas candidaturas nos distintos colectivos (alumnado, familias,...).

Proximamente se publicarán as datas detalladas do sorteo dos membros da xunta electoral, de presentación candidaturas, etc.

HORARIOS GRUPOS 2018-2019

Educación Secundaria Obrigatoria
1º ESO      2º ESO      2ºPMAR      3º ESO      3ºPMAR     4º ESO

Bacharelato
1º BAC          2º BAC

FP - Réxime ordinario

CB Mantemento de Vehículos
1º curso        2º curso

CM Electromecánica de vehículos automóbiles
1º curso        2º curso

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso

FP - Réxime dual

CS Administración e finanzas
1º curso        2º curso
 
CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
1º curso        2º curso

CS Desenvolvemento de aplicacións web
1º curso        2º curso

O IES VAL DO ASMA ESTREA INSTAGRAM

O IES Val do Asma comeza o curso escolar 2018/2019 coa creación dunha conta no Instagram. Para acceder podes premer na imaxe.

Séguenos!!!

 

 

FESTIVO LOCAL

18/10/2018 00:00
18/10/2018 23:59

xoves 18 de outubro de 2018 non haberá clase por ser festivo local en Chantada.

ADMISIÓN Á FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

Debes imprimir e cubrir o formulario de admisión, e entregalo no centro.

Podes acceder a dito formulario dende aquí.

 A maiores, debes entregar tamén o CV Europass, que poderás cubrir dende aquí.

BOLSAS DE ESTUDOS 2018-2019 BAC E FP

01/10/2018 13:00

Último día para a solicitude das bolsas de estudos 2018-19 para BAC e FP. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

PROGRAMACIÓN 2018-2019

Programación do departamento de Lingua Castelá e Literatura para o curso 2018-2019.

Syndicate content


by Dr. Radut