Skip to Content

Taboleiro

Día do Ensino 2023

07/12/2023

Segundo o artigo 7.3 da Orde  3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de 2023.

3D Día internacional da discapacidade

05/12/2023 09:35
05/12/2023 12:35

Para conmemorar o Día internacional da discapacidade que se celebra o 3 de decembro, domingo, na seguinte semana realizase a presentación do libro “A nena do vestido de flores” de Manuel Fontemoura no IES Val do Asma.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO (9:35-10:25) e de 2º ESO (11:45-12:35)
Lugar: Aula de referencia
Organiza: Departamento de Orientación

Obradoiro Quérote+ educación afectivo-sexual.

29/11/2023 09:35
29/11/2023 11:15

Obradoiro Querote+ ofrecido pola Conselleria de Política Social e Xuventude.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO
Lugar: Aula de referencia
Organiza: Departamento de Orientación.

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25/11/2023

Cartel elaborado por Biblioteca, Departamento de Debuxo e Orientación.

Obradoiro de violencia de xénero nas RRSS.

24/11/2023 11:45
24/11/2023 13:25


Destinatarios/as: 4º ESO e 1º e 2º CB Automoción e Informática e 4º ESO.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Orientación.

Punto de Información Xuvenil

23/11/2023 08:45
23/11/2023 14:15

A Consellería de Política Social e Xuventude achega o Punto de Información Xuvenil ao IES Val do Asma na xornada do xoves 23 de novembro.

Destinatarios/as: Todo o alumnado.
Lugar: Entrada do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Orientación.

Taller de primeiros auxilios

17/11/2023 08:45
17/11/2023 10:25

Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de vehículos, 1º CS Administración e finanzas e 1º CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de FOL.

Magosto 2023

03/11/2023 11:45
03/11/2023 14:15

Como xa é tradición no IES Val do Asma, o vindeiro venres 3 de novembro celebrarase un magosto para toda a comunidade educativa.

Despois do recreo haberá xincana para o alumnado da ESO e CB e dende as 13.25h poderemos degustar castañas e outros manxares.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: ESO, BAC e FP

Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares e Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Galiciaskills 2023

25/10/2023 13:22
25/10/2023 13:22

Alumnado do IES Val do Asma, acompañado por profesores/as, acudirá como visitante ao campionato galego da formación profesional ou Galiciaskills 2023 que se celebra cada dous anos.

Cursos: CB de mantemento de vehículos e CM de electromecánica.
Organiza: Departamento de Automoción
Lugar: Recinto feiral de Silleda

IV Certame de Relato Curto de Terror Samaín 2023

Con motivo da celebración do Samaín 2023, o IES Val do Asma –a través do Equipo de Dinamización de Lingua Galega e da Biblioteca do centro–, pon en marcha o IV Certame de Relato Curto de Terror. Para saber máis preme nas bases do certame.

Syndicate content


by Dr. Radut