Skip to Content

Taboleiro

Nadal 2023

21/12/2023 11:45
21/12/2023 14:15

O último día lectivo, xoves 21 de decembro, realizaremos as seguintes actividades:
11:45 h: Alumnado da ESO e de FPBásica distribuiranse en 3 espazos: pavillón, salón de actos ou patio para disfrutar dun torneo deportivo ou da proxección dunha película. O resto de grupos (Bacharelato, Ciclos Medio e Superior) terán clase con normalidade.
13:25 h: Festa de prefin de ano no pavillón para toda a comunidade educativa vestidos/as coas mellores galas.

Charla "Os mitos da lingua"

21/12/2023 09:45
21/12/2023 10:45

Destinatarios/as: Alumnado de 2º CB Informática de Oficina, 4ºESO, 1º BAC e 2º BAC.
Lugar: Salón de Actos
Organiza: Departamento de Galego

Taller de Xadrez (II)

20/12/2023 11:45
20/12/2023 13:25

Taller de xadrez impartido en 2 sesións (19 e 20 de decembro) para todo o alumnado de ESO. O mércores 20 no seguinte horario: 3º e 4º ESO de 11:45 a 12:35 e 1º e 2º ESO de 12:35 a 13:25.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO.
Lugar: Aulas respectivas.
Organiza: Departamento de Educación Física

Taller de Xadrez (I)

19/12/2023 11:45
19/12/2023 11:45

Taller de xadrez impartido en 2 sesións (19 e 20 de decembro) para todo o alumnado de ESO. O martes 19 no seguinte horario: 2º e 3º ESO de 11:45 a 12:35 e 1º e 4º ESO de 12:35 a 13:25.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO.
Lugar: Aulas respectivas.
Organiza: Departamento de Educación Física

Português Tão Perto

18/12/2023 12:35
18/12/2023 16:45

A Deputación de Lugo financia dous obradoiros de 200 minutos de duración impartidos por un profesor portugués e destinados ao alumnado co fin de que advirtan a importancia de achegarse á Lusofonía.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO e 2º CB de Oficina (12:35-14:15) e de 4º ESO e 1º BAC(15:05-16:45).
Lugar:Salón de Actos
Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Sensibilización para o emprendemento cooperativo "Charla: E ti, coñeces a fórmula?

14/12/2023 11:45
14/12/2023 14:15

Charla sobre a sobre a Sensibilización para o emprendemento cooperativo impartida polo Espazo Coop.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º BAC, de 1º CS DAW, de 2º CM Electrónica de Vehículos e de 2º CS Admininstración e finanzas.
Lugar:Salón de Actos
Organiza: Departamento de FOL.

Día do Ensino 2023

07/12/2023

Segundo o artigo 7.3 da Orde  3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de 2023.

3D Día internacional da discapacidade

05/12/2023 09:35
05/12/2023 12:35

Para conmemorar o Día internacional da discapacidade que se celebra o 3 de decembro, domingo, na seguinte semana realizase a presentación do libro “A nena do vestido de flores” de Manuel Fontemoura no IES Val do Asma.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO (9:35-10:25) e de 2º ESO (11:45-12:35)
Lugar: Aula de referencia
Organiza: Departamento de Orientación

Obradoiro Quérote+ educación afectivo-sexual.

29/11/2023 09:35
29/11/2023 11:15

Obradoiro Querote+ ofrecido pola Conselleria de Política Social e Xuventude.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO
Lugar: Aula de referencia
Organiza: Departamento de Orientación.

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25/11/2023

Cartel elaborado por Biblioteca, Departamento de Debuxo e Orientación.

Syndicate content


by Dr. Radut