Skip to Content

Programa ERASMUS

Reunión coas familias de alumnado - Proxecto Erasmus+

02/12/2022 16:00
02/12/2022 17:00

O vindeiro venres, 2 de decembro, ás 16:00 horas, celebrarase no salón de actos, unha reunión informativa para as familias/titores legais do alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

Mobilidades alumnado francés proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

O IES Val do Asma recibiu durante o mes de outubro a visita do alumnado e profesorado acompañante dos centros LP Le Chatelier (Marsella) e LPO Lama-Prevot (Caiena), socios no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2 “Being a European pupil who discovers the professional world” (2020-2023)

Preme aquí para ver o resumo deste encontro internacional.

 

 

 

08/11/22 O IES Val do Asma recibiu a 14 estudantes Erasmus+ de Marsella e Güiana francesa

Videochamada entre socios proxecto KA229

03/11/2022 18:00
03/11/2022 19:30

As tres coordinadoras do IES Val do Asma, do LP Le Chatelier e do LPO Lama-Prevot reúnense en liña para preparar as mobilidades á Güiana francesa e as actividades previstas no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2.

Recepción dos/as socios/as franceses/as do programa Erasmus+

17/10/2022 08:45
18/10/2022 20:00

Recepción do alumnado e profesorado francés no IES Val do Asma como parte do proxecto 2020-1-FR01-KA229-080491_2 do programa Erasmus+.

Acceso ás imaxes.

21/09/22 Unha guía para os visitantes de Marsella e Cayenne que agarda o IES Val do Asma

Proxectos Erasmus+ en curso 2022-23

Preme para ver o proxecto Erasmus+ en marcha organizado polo IES.

Ademáis participamos noutros proxectos co consorcio de APAGA e o equipo Erasmus+ solicitará neste curso escolar un proxecto KA122-SCH durante o mes de febreiro de 2023.

Experiencias Erasmus+

O alumnado que participou nas mobilidades á Marsella dentro do proxecto 2020-1-FR01-KA229-080491_2 cóntanos a súa experiencia

9 de Maio: Día de Europa

O Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data marca o aniversario da histórica «Declaración Schuman», na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que hoxe é a Unión Europea.

Desde o IES Val do Asma queremos felicitarvos con este vídeo no que participou toda a comunidade educativa.

Videochamada do profesorado do Proxecto Erasmus+ KA229_2020

04/05/2022 14:00
04/05/2022 15:00

Profesorado do Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia), do Lycée Polyvalent Edmard LAMA - Sergine PREVOT da Guayana francesa e do IES Val do Asma realizarán unha videochamada para falar sobre o proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2) e traballar nas mobilidades dos franceses en Chantada e dos chantadinos na Guayana.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Profesorado
Organiza: Equipo Erasmus+

Syndicate content


by Dr. Radut