Skip to Content

Programa ERASMUS

Plan de Internacionalización 2023-2027

Acceso ao Plan de Internacionalización vixente

Quen somos?

Acceso á presentación Quen somos? do IES Val do Asma.

Carta ECHE 2021-2027

Concedida ao IES Val do Asma o 12/03/2021 a nova carta ECHE, que terá vixencia ata o ano 2027.

26/06/2024 La Voz de Galicia: O instituto Val do Asma recibe 20.000 de fondos Erasmus.

Concedido proxecto Erasmus+ KA122-SCH

Publicado, hoxe, o listado provisional de solicitudes seleccionadas Erasmus+ Escolar. Neste listado so 235 centros educativos, entre eles o IES Val do Asma, dun total de 1.070 solicitudes de toda España, acadaron a nota de corte precisa para seren financiados pola Unión Europea.

O proxecto denominado O papel da educación e a innovación nunha convivencia sostible con código 2024-1-ES01-KA122-SCH-000210728, contará cun presuposto de 19.769,00 euros para realizar mobilidades de corta duración para o  alumnado e personal de Educación Escolar (ESO e BAC).

Este novo proxecto poñerase en marcha no curso 2024-2025 e terá unha duración de 18 meses (dende o 01/12/2024 ata o 31/05/2026)

Somos un centro Erasmus+!

11/05/24 La Voz de Galicia: O instituto Val do Asma celebra o Día de Europa con un festival dixital.

9 de maio - Día de Europa

09/05/2024 10:25
09/05/2024 14:15

Realización de actividades interactivas sobre a Unión Europea para celebrar o 9 de Maio, Día de Europa. As actividades terán unha duración de 50 min para cada grupo participante.

Dirixido a: Todo o alumnado de ESO e dos CB.
Lugar: Aula de informática.
Organiza: Equipo Erasmus+.

Formación en Centros de Traballo en Italia - Erasmus+ 2024

Tres alumnos do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos participan, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización de parte da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) en talleres de Turín (Italia) dende o 05/05/24 ao 31/05/24. Nos días iniciais da súa estancia na cidade sede da FIAT estarán acompañados por un profesor.

Formación en Centros de Traballo en Portugal - Erasmus+ 2024

Un alumno do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles participa, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización de parte da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) no taller mecánico AutoAfonso & Filhos, Lda. en Montalegre (Portugal) dende o 22/04/24 ao 22/05/24.

23/02/24 El Progreso: O instituto volve solicitar proxecto Erasmus

Syndicate content


by Dr. Radut