Skip to main content

Xornada de graduación do alumnado de ciclos básicos, medios e superiores do IES de Teis Auditorio Mar de Vigo, 26 de xuño de 2024

<br />
Acto de graduación 2024

O día 26 de xuño tivo lugar o acto de graduación do noso alumnado de ciclos básicos, medios e superiores no Auditorio Mar de Vigo. Foi un evento cargado de emocións e bos momentos. O acto abriuse cunha actuación e atrezo levado a cabo polo alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Caracterización.

Amenizaron o acto, a banda de música na que participou alumnado de Bacharelato e unha alumna de 4.º da ESO cunha impresionante actuación de voz, interpretando "Stay", de Rihanna.

A dirección do IES de Teis quere dar as grazas ás autoridades asistentes, Don César Pérez Ares, director territorial de educación na provincia de Pontevedra e a Dona Olga Alonso Suárez, concelleira delegada de educación e recursos humanos no concello de Vigo.

Grazas tamén a toda a comunidade educativa do IES de Teis, pola súa colaboración e axuda na organización de dito evento.

Noraboa a tódolos graduados e graduadas! Non vos esquezades de que o IES de Teis seguirá sendo a vosa casa, un lugar que recordar e ao que regresar!

 

Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024 Acto de graduación 2024

Erasmus+