Skip to main content

Actividades do programa Polos Creativos

<br />
Resumo actividades polos creativos

No curso académico 2023/2024, o alumnado de Educación Secundaria do IES de Teis realizou unha serie de proxectos dentro do programa Polos Creativos. Este programa ten como obxectivo fomentar a innovación e as capacidades de creación do alumnado a través da utilización de ferramentas e tecnoloxías dixitais, como a fabricación aditiva, a programación software, o deseño asistido por computador ou a utilización de sistemas baseados en intelixencia artificial. Así, o alumnado de 1º da ESO puido deseñar e fabricar os colgadoiros de abrigos para a súa aula. Do mesmo xeito, o alumnado de 3º da ESO traballo na programación dunha cerradura con recoñecemento facial e nun sistema automático de clasificación de M&Ms utilizando unha cámara con recoñecemento da cor. Estes proxectos tamén poden ser aproveitados por outros departamentos do cento, como o proxecto no que o alumnado de FP caracterizou unha maqueta con ollos electromecánicos.

 

Resumo actividades polos creativos Resumo actividades polos creativos Resumo actividades polos creativos Resumo actividades polos creativos

Erasmus+