Skip to main content

Día Internacional das Nenas nas TIC

<br />
28 mulleres: O Día das nenas nas TIC

“28 mulleres” é un xogo de cartas creado polo alumnado de 1º da ESO do IES de Teis con motivo da conmemoración do Día Internacional das Nenas nas TIC o pasado 25 de abril. En cada unha das súas partidas os/as xogadores/as deberán pescudar mediante pistas quen é a muller oculta. Para gañar, polo tanto, os/as participantes terán que esforzarse en coñecer, a través da información visual e escrita aportada polos naipes, a vida e obra de diversas mulleres senlleiras do ámbito das ciencias, as letras e as artes. Para a creación dos naipes empregáronse as imaxes de Brabxs da Universidade de Vigo.

Esperamos que o xogo estea dispoñible na biblioteca para o seu préstamo a partires da segunda metade de maio, unha vez rematemos coa impresión e plastificación dos naipes para que así podades desfrutar deste xogo de cartas.

 

28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC 28 mulleres: O Día das nenas nas TIC

Erasmus+