You are hereGalego / Actividades
Actividades
NÓS TAMÉN CONTRA OS INCENDIOS E O CAMBIO CLIMÁTICO
Tras a tráxica fin de semana durante a cal Galicia se viu arrasada polos incendios, desenvolveremos nas aulas unha serie de actividades de concienciación: análise de danos, reflexións sobre o que se fixo mal e o que propoñemos para o futuro. Na biblioteca recolleremos as novas de prensa que se referían a este tema e participamos en dous faladoiros sobre este tema.
A participación foi numerosa e o alumnado fixo interesantes reflexións e achegaron ideas para N0VOS CAMIÑOS DE FUTURO NESTE TEMA
No taboleiro de Camiños de vida escribiremos citas relacionadas co tema.
A TERRA NON É UNHA HERDANZA DOS NOSOS PAIS, SENÓN UN PRÉSTAMO DOS NOSOS FILLOS.
Roteiro San Felipe 2º ESO
Os alumnos de 2º de ESO realizaron un roteiro entre os castelos de San Felipe e San Cristovo, no que ademais de gozar dunha fermosa xornada na natureza e cun tempo estupendo, aprenderon sobre a súa contorna artística e cultural e ecolóxica, e se puxeron en forma cuns quilómetros de camiñada.
O alumnado realizou interesantes presentacións e reportaxes sobre o roteiro
ALGÚNS CAMIÑOS REMATAN CUN PREMIO AO FINAL. ESTES SON OS NOSOS GAÑADORES DOS DISTINTOS CERTAMES
- Litelingua: Equipo de1º ESO A: Mapala estrelas , integrado por Carme Mª, Paula e Laura coordinados por Ariadna de 2º C
- Premios do Certame de Artigos de opinión Nós tamén á marxe, co que fixemos unha fermosa homenaxe a Carlos Casares
Alumnas premiadas: Enma Vázquez e Carme Fuentes.
- Premios aos grupos gañadores dos Camiños matemáticos
- Premio ás mellores fotografía do Certame fotográfico Camiños
Alba González de 4º ESO
Cristian Martínez do Ciclo formativo
VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.
día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e da súa experiencia ao escribilo.
Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas.
VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.
O día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e da súa experiencia ao escribilo.
Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas.
Club de lectura sobre O principiño de Antoine de Saint- Exupérie
O pasado martes, 30 de maio,realizaronse na Biblioteca dúas sesións do Club de lectura sobre O Principiño. A primeira estivo destinada aos alumnos de 1º de BAC e a segunda aos de 1º de ESO.
Puxéronse en común opinións e interpretacións sobre os personaxes e o sentido deste marabilloso libro, que dá xogo con alumnos e alumnas de todas as idades.
Saída a Lugo e Outeiro de Rei
Dentro do proxecto Camiños, os alumnos de 1º de ESO realizaron unha viaxe a Outeiro de Rei para visitar a Casa Museo de Manuel María e comer e descansar na fermosa Carballeira de Santa Isabel. Pola tarde viaxaron ata Lugo para percorrer a cidade e facer unha andaina arredor da muralla. Foi un día estupendo, e os rapaces e rapazas e tamén os profesores/as o pasamos moi ben.
Celebración das Letras Galegas
Con motivo da celebración das Letras Galegas realizamos no instituto numerosas actividades destinadas aos diferentes cursos.
Certame de artigos de opinión para todos os niveis.
Certame de fotografía: Camiños, para todos os niveis
LITELINGUA: xogo de pistas dirixido aos alumnos de 1º de ESO, coordinados por alumnos de segundo de ESO.
Proxección na biblioteca dunha reportaxe sobre a figura de Carlos Casares
Faladoiro sobre o filme e o significado das Letras Galegas.
Con pedras, palabras, pintura e creatividade os alumnos de 1º ESO fixeron un traballo plástico co nome de Carlos Casares.
Entrega de premios do Certame Literario Carmela Loureiro.
O día 13 de maio tivo lugar no Centro Cultural Torrente Ballester a entrega de premios do certame Carmela Loureiro. O noso instituto foi moi afortunado, porque foron tres alumnas As que recolleron un premio: Paula Soto de 2º de ESO, Laura Suarez 4º ESO e Seda Nikoghosyan de 2º de BAC
Parabéns ás gañadoras.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »