|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Portal Educación Xunta
A Xunta actualizará o decreto de formación do profesorado para axustalo ás necesidades actuais como elemento chave para a calidade do ensino
Summary:
Inicia o proceso para recoller achegas previas para a nova normativa que modernizará estas actividades e as adaptará á dixitalización, entre outros
Substituirá á normativa de 2011 e avanzará sobre o traballo realizado nos últimos anos, con récord de participación docente nas actividades do Plan de formación
O conselleiro Román Rodríguez participa hoxe na xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino, unha actividade do Plan de formación docente
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vai traballar nun novo decreto para regular a formación do profesorado e axustala ás necesidades actuais e blindala como elemento chave para a calidade do ensino e a mellora permanente da atención que recibe o alumnado. Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP iniciará esta semana o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas de cara a elaborar un novo decreto que modernice estas actividades e as adapte aos novos desafíos.
O novo texto avanzará sobre o texto vixente, que data de 2011, e regulará un modelo de formación permanente con vocación de mellora, pensamento innovador e sustentado no traballo realizado en anos anteriores, nos que se veñen rexistrando récords de participación nas actividades do Plan de formación do profesorado. Non en balde, o curso pasado realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego.
Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa hoxe nunha das actividades previstas no Plan de formación do profesorado deste ano, unha xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino. É a primeira vez que se celebra esta actividade, de nivel avanzado, no marco do itinerario específico de formación de equipos directivos, no que a Xunta está a facer un especial fincapé polo papel fundamental destas persoas nos centros.
Novos retos sociais e tecnolóxicosA nova normativa terá carácter proactivo, con intención de anticiparse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización, a intelixencia artificial, a internacionalización ou o incremento da multiculturalidade nas aulas, entre outros.
Tamén buscará a promoción e o desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado para contribuír á mellora da calidade da educación, conxugando a súa necesaria actualización -para facer fronte ás novas necesidades da sociedade actual- coa resposta que debe dar ás súas expectativas de mellora no exercicio profesional.
Para iso, proporase unha resposta dinámica e flexible ás esixencias do sistema educativo, concedendo un especial protagonismo ás necesidades de cada centro. De feito, situarase aos centros de ensino como núcleo central da acción formativa do profesorado, aínda que á fronte da Rede de formación permanente do profesorado seguirán, ademais do servizo encargado na Consellería, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os centros de Formación e Recursos (CFR).
Así mesmo, o novo texto fomentará a investigación e a innovación educativa, así como a constitución de redes de colaboración e coaprendizaxe docente.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución do 4 de novembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de participación no programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria de Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
CentrosPreto de 1400 alumnos de 51 centros educativos galegos formaranse no uso seguro das tecnoloxías a través da VI Ciberliga
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na inauguración do certame, na que os estudantes aprenden competencias en ciberseguridade
A iniciativa, da Garda Civil, entronca coa aposta da Xunta polo benestar dixital
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe na presentación da VI Ciberliga 2024/25 no Instituto IES Alfredo Brañas. A iniciativa, impulsada pola Garda Civil, ten o propósito de formar a preto de 1.400 estudantes de 4º da ESO de 51 centros educativos en competencias de ciberseguridade e uso responsable das novas tecnoloxías.
O certame persegue, ademais de fomentar unha contorna dixital segura e sensibilizar sobre ciberseguridade, ofrecer ao alumnado unha formación práctica e motivadora a través de actividades lúdicas. Deste xeito, as novas xeracións adquiren habilidades clave para os retos da sociedade actual mediante unha experiencia educativa que combina aprendizaxe e diversión.
Esta actividade entronca coa aposta da Xunta de Galicia polo benestar dixital do alumnado, que inclúe tamén iniciativas como os programas Pegada Dixital ou Navega con rumbo, este último desenvolvido en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Os obxectivos da Ciberliga coinciden tamén cos da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, promovendo unha interacción adecuada e responsable en contornas dixitais.
Dúas fasesA liga estrutúrase en dúas fases diferenciadas. A primeira, unha etapa clasificatoria que se realizará en liña entre o 25 e o 29 de novembro, permitirá a cada centro elixir a data e hora que mellor se adapten á súa organización. Neste proceso inicial, os participantes recibirán formación sobre o uso seguro das tecnoloxías, a través dunha sesión en streaming que combina explicacións teóricas e prácticas. Tras esta introdución, realizarán unha competición na que deberán resolver un ciber-reto, que inclúe unha exposición explicativa e unha práctica final para aplicar os coñecementos adquiridos.
Os equipos mellor puntuados en cada centro educativo pasarán á fase final galega, da que sairá a selección dos cinco mellores grupos que representarán a Galicia a nivel nacional. Esta última etapa está prevista de forma presencial entre o 10 e o 14 de marzo de 2025 nas instalacións da Academia de Oficiais da Garda Civil en Aranjuez (Madrid). Alí, ademais de afrontar o reto final, os participantes asistirán a actividades complementarias e realizarán novos exercicios prácticos, enfocados a seguir desenvolvendo as súas habilidades en ciberseguridade.
A VI Ciberliga reúne centros educativos das catro provincias galegas:
Provincia
Concello
Centro
A Coruña
Arzúa
CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario
A Coruña
As Pontes de García Rodríguez
IES Moncho Valcarce
A Coruña
Betanzos
IES Francisco Aguiar
A Coruña
Boimorto
CPI Armando Cotarelo Valledor
A Coruña
Cambre
IES David Buján
A Coruña
Carballo
IES Alfredo Brañas
A Coruña
Coristanco
EFA Fonteboa
A Coruña
Ferrol
CPR Plurilingüe Valle-Inclán 1
A Coruña
Narón
IES As Telleiras
A Coruña
Padrón
IES Camilo José Cela
A Coruña
Sada
IES Isaac Díaz Pardo
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
A Coruña
Rois
CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña
Touro
CPI Plurilingüe Fonte Díaz
A Coruña
Zas
IES Maximino Romero de Lema
Lugo
Alfoz
IES Alfoz – Valadouro
Lugo
A Pastoriza
IES Fonmiñá
Lugo
Burela
IES Perdouro
Lugo
Cervo
IES Marqués de Sargadelos
Lugo
Cospeito
CPI Plurilingüe Virxe do Monte
Lugo
Foz
CPR Plurilingüe Martínez Otero
Lugo
Lugo
CPR Fingoi
Lugo
Lugo
IES Muralla Romana
Lugo
Meira
IES Pedregal de Irimia
Lugo
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Lugo
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Lugo
Monforte de Lemos
CPR Plurilingüe Real Colegio Padres Escolapios
Lugo
Sarria
CPR Nuestra Señora de la Asunción
Lugo
Sarria
CPR Plurilingüe La Merced
Ourense
Ourense
IES Universidade Laboral Ourense
Ourense
Castro Caldelas
CPI Virxe dos Remedios
Ourense
Coles
CPI Plurilingüe Antonio Faílde
Ourense
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
Ourense
O Pereiro de Aguiar
CPR Miraflores
Ourense
Ourense
CPR Plurilingüe María Auxiliadora
Ourense
Ourense
CPI Plurilingüe José García García
Ourense
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Pontevedra
Baiona
CPI Cova Terreña
Pontevedra
Catoira
CPI do Progreso
Pontevedra
Marín
CPR Plurilingüe San Narciso
Pontevedra
Meaño
IES de Meaño
Pontevedra
Mos
IES de Mos
Pontevedra
Moaña
IES Plurilingüe A Paralaia
Pontevedra
Nigrán
CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda
Pontevedra
Pontevedra
FESB Colexio Sagrado Corazón Placeres
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Las Acacias
Pontevedra
Vigo
IES A Guía
Pontevedra
Vigo
IES Castelao
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Losada
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe María Inmaculada
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo 593 e 595
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Prazo: dende o 7 ata o 11 de novembro ambos incluídos
Anuncio principal:
Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoListaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de GaliciaTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoConvocatoria de selección de centros para participar no Programa Aventura DigiCraft 2024/25
Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca a selección de centros para participar no programa Aventuras DigiCraft no marco do Plan DIGITALENT durante o curso 2024/25.
Solicitude: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/
Os centros interesados en participar deben consignar unha solicitude por cada unha das modalidades que solicita.
File:
ConvocatoriaTema:
Información xeral Programas e plans Convenios de colaboraciónEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Entidades autonómicasColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínO alumnado da ESO mellorará o seu coñecemento en física grazas a unha iniciativa da Xunta e o IGFAE
Summary:
A Consellería de Educación e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías alíanse e crean un kit de Polos Creativos para aprender ciencia dun xeito didáctico
O proxecto de innovación, que chegará a 500 centros que imparten Secundaria na Comunidade, está composto por 420 pezas de construción encaixables
Idioma GallegoA Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) alíanse para que o alumnado galego mellore os seus coñecementos científicos. Fano a través do programa de Polos Creativos, que suma un novo kit singular elaborado entre ambas institucións e que chegará a 500 centros da Comunidade que imparten ESO. A iniciativa foi presentada hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o director do IGFAE, Carlos Salgado, nunha xornada de traballo para o envío do material aos centros de ensino.
O proxecto leva por nome A materia peza a peza e, como afirmou o conselleiro, trátase “dun esforzo didáctico para achegar aos nosos mozos a este campo de coñecemento de maneira amena e sinxela”. Non en balde, Galicia é, segundo o último informe PISA, a comunidade autónoma onde os estudantes teñen maior competencia en ciencias, algo que iniciativas como esta aspiran a consolidar. De feito, con 506 puntos, Galicia ocupa a octava posición a nivel internacional, fronte ao posto 27 de España con 486 puntos.
Concretamente, este novo kit dos Polos Creativos está composto por 420 pezas de distintas cores, cada unha das cales representa unha partícula elemental da materia, e unha guía didáctica. O kit conta con 180 pezas laranxas que corresponden aos chamados quarks up, 180 azuis que representan quarks down e 60 brancas que son os electróns. Con estas pezas, como se explicou na presentación, é posible construír protóns e neutróns que, xunto con electróns, posibilitan a construción de átomos, cos seus diversos isótopos e a súa agregación en moléculas.
Estimular as vocacións STEMDeste xeito, a través destes materiais poderase explicar dunha maneira moi didáctica o que é a física de partículas, a rama da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles. “Queremos estimular as vocacións STEM que son fundamentais, cada vez máis, na nosa sociedade. Parecen competencias duras, pero se se fan dun xeito amable, divertido, práctico, visual e manipulativo -como propón este kit de Polos Creativos- é moito máis doado que os adolescentes galegos poidan aproximarse a cuestións complicadas como estas”, afirmou o conselleiro na presentación.
Durante a xornada púxose de manifesto a importancia da divulgación nesta materia desde idades temperás. “Cando somos quen de ver como repercute na nosa vida cotiá e facémolo dun xeito adaptado, apréndese moito mellor”, apuntou o conselleiro ante os participantes, que realizaron 500 kits -un total de 215.000 pezas- para repartir nos máis de 450 centros educativos que imparten ESO e dotar tamén dos mesmos aos centros de formación e recursos, que son os espazos onde o profesorado mellora os seus coñecementos.
A presentación levouse a cabo nas novas instalacións do IGFAE- organismo mixto da Xunta e a Universidade de Santiago- onde o Goberno autonómico está a investir 4,8 millóns de euros en rehabilitación e mellora das infraestruturas de investigación.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destaca o valor da I Semana do Emprendemento do instituto de Sabón para achegar ao alumnado as experiencias de éxito neste eido
Summary:
A directora xeral de FP sinala que a Xunta fomenta a cultura emprendendora a través de iniciativas como os viveiros de empresa e as aulas de emprendemento
O obxectivo do evento é que o alumnado coñeza casos de éxito de empresarios que cursaron no seu momento os mesmos ciclos que eles cursan agora
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou esta mañá na inauguración da I Semana do Emprendemento organizada polo Instituto IES de Sabón, unha iniciativa da que destacou o seu valor para achegar ao alumnado “á realidade empresarial desde outra perspectiva, a de o autoemprego, que non sempre é valorada en primeira opción”. “Desde a Xunta levamos máis dunha década impulsando a cultura do emprendemento entre o alumnado a través do Plan Eduemprende, con especial impulso á rede de viveiros de empresa, presente xa en 33 centros educativos”, destacou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Así mesmo, puxo en valor as 100 aulas de emprendemento despregadas pola Xunta en centros que imparten ensinanzas de FP, entre eles o IES de Sabón. A través deste programa desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado e ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro de empresa da Consellería fanse despois.
Precisamente o IES de Sabón decidiu celebrar esta Semana do Emprendemento no marco da súa adhesión a este programa, co obxectivo de que o alumnado coñeza casos de éxito de empresarios que cursaron no seu momento os mesmos ciclos que eles cursan agora. Así mesmo, o evento busca ser un punto de encontro entre o centro e algunhas empresas onde o alumnado pode realizar as súas prácticas. Ata o vindeiro venres, cada unha das xornadas dedicarase a cada unha das familias profesionais que se imparten no centro, en concreto Hostalaría e turismo, Actividades físicas e deportivas, Administración e xestión e Electricidade e electrónica. Participan no evento tamén alumnos de outros centros da comarca da Coruña.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalJudith Fernández subliña o labor da Inspección Educativa como garante do bo funcionamento do sistema
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa abre un curso de formación para novos inspectores
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, salienta o labor que leva a cabo a Inspección Educativa como unha das pezas clave para garantir o correcto funcionamento do sistema. Así o puxo de manifesto durante a apertura dun curso de formación para novos profesionais do servizo de Inspección.
O curso, que se celebra no Centro Autonómico de Formación e Innovación, CAFI, en Santiago de Compostela, desenvolverase ao longo de seis xornadas de traballo neste mes de novembro. No día de hoxe abórdanse cuestións como a xestión dos recursos humanos nos centros educativos e a Formación Profesional. Na xornada de mañá abordarase o proceso de admisión do alumnado nos centros e o manexo da aplicación ao respecto, a dixitalización e a práctica inspectora coa formulación, desenvolvemento e resolución de casos prácticos. O curso continuará o xoves centrado nas Ensinanzas de Réxime Especial como son as de idiomas, deportivas e artísticas. Tamén haberá novas sesións formativas os días 18, 19 e 20 de novembro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias.
Anuncio principal:
Convocatoria do programa Clubs de Lectura en centros públicos titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria XIII Programa Educativo Navega con Rumbo
Resolución do 4 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a XIII edición do programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024-2025.
File:
Resolución do 4 de novembro de 2024 Anexo ITema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínA Xunta destinará 9,3M€ ao reforzo do equipamento de investigación e de innovación das universidades, que se compartirá a través dunha plataforma
Summary:
Co obxectivo de mellorar os recursos innovadores destinados aos estudos de grao e mestrado, adquiriranse licenzas de software, simuladores ou equipos informáticos
Así mesmo, dotarase aos centros de investigación e servizos centrais de material para facilitar a súa actividade, incluído equipamento altamente especializado
Búscase avanzar nunha estratexia que permita a xestión eficiente e integrada dos recursos e capacidades de investigación do Sistema Universitario de Galicia
Este será, precisamente, un dos obxectivos do futuro Plan galego de investigación e innovación, que busca a coordinación dos axentes e recursos do sistema de I+D+i
Idioma GallegoO Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e as universidades de Santiago de Compostela (USC), de Vigo (UVigo) e da Coruña (UDC) para reforzar o seu equipamento científico e de innovación educativa. O Goberno galego destinará máis de 9,3M€ a esta nova liña de actuación, dos que 3,9M€ serán para a USC, 3M€ para a UVigo e 2,4M para a UDC.
Así mesmo, ao abeiro deste acordo crearase por primeira vez unha plataforma para compartir o seu equipamento científico-técnico, o que na práctica se traducirá nun mellor aproveitamento de sinerxías para un maior impacto dos proxectos de innovación e investigación que desenvolven. Isto é, a través desta plataforma, os centros de investigación poderán intercambiar recursos, o que redundará nun maior acceso a todo tipo de materiais para os diferentes axentes investigadores. O obxectivo final é avanzar nunha estratexia que permita a xestión eficiente e integrada dos recursos e capacidades de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para a súa vertebración e posta en valor.
Este será, precisamente, un dos obxectivos do futuro Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 que está a preparar a Xunta, e que busca a coordinación dos membros do sistema de I+D+i e dos recursos dispoñibles, así como acadar unha maior eficiencia e impacto das accións impulsadas desde a Administración para o impulso da investigación, a transferencia, a valorización e a innovación en Galicia.
Equipamento e recursos dixitaisO primeiro bloque do acordo céntrase no reforzo dos recursos innovadores destinados aos estudos de grao e mestrado. Trátase, en concreto, da adquisición de equipamento científico e instrumentación avanzada, acondicionamento e dixitalización de espazos educativos, acceso a recursos dixitais e a conformación de plataformas de coñecemento e divulgación que permitan aos estudantes e docentes manterse á fronte do desenvolvemento tecnolóxico e adquirir as competencias necesarias a través dos seus estudos universitarios.
Isto traducirase no acceso a licenzas de software, recursos bibliográficos, plataformas de coñecemento, así como á adquisición de equipos informáticos, simuladores ou material de todo tipo para os laboratorios dos estudos de grao e máster.
Inclúese, tamén, equipamento e infraestruturas con destino aos tres Campus de Especialización acreditados pola Xunta de Galicia (Campus Industrial de Ferrol, Campus Terra de Lugo e Campus Auga de Ourense), que representarán un punto chave polo seu impacto no desenvolvemento das potencialidades económicas do seu entorno máis próximo.
Consolidación e cooperación dos centros de investigaciónO segundo bloque do acordo centra os seus esforzos no fortalecemento das infraestruturas dos servizos centrais, así coma na consolidación do equipamento dos centros da Rede CIGUS, que agrupa os mellores centros de investigación universitaria de Galicia, coa finalidade de maximizar o impacto das súas actividades de investigación e innovación, ao mesmo tempo, que se impulsa o uso compartido e racional das infraestruturas científico-técnicas de Galicia.
Neste apartado, os gastos subvencionables refírense a instalacións, recursos e servizos afíns utilizados pola comunidade científica para levar a cabo investigacións nos seus ámbitos de coñecemento. Trátase de equipamento altamente especializado como sistemas purificadores de auga ultrapura ou de ácidos nucleicos, robots intelixentes, equipos de microcorte de alta precisión, unidades de magnetosusceptibilidade, de raios X ou de resonancia magnética, espectómetros de varios tipos, cabinas de seguridade biolóxica, sistemas láser de distintas características, antenas intelixentes ou equipos de mostraxe mariña, entre outros.
A adquisición deste equipamento científico e técnico permitirá a execución de proxectos de investigación de calidade, que mellore os resultados e impacto económico e social dos mesmos, así como para o propio funcionamento e mellora dos servizos comúns de investigación e das infraestruturas de investigación existentes, priorizándose o equipamento de última xeración que é necesario para acadar a excelencia na investigación.
Ademais, facilitarase compartir o equipamento científico-técnico con outros centros da Rede CIGUS, centros colaborativos ou centros tecnolóxicos, sen custo e baixo petición. Durante o período no que o material estea compartido, haberá un técnico a disposición para facilitar o uso do mesmo.
Para iso, habilitarase un espazo no web da Rede CIGUS no que os centros de investigación poderán detallar o seu equipamento, cunha pequena descrición e un contacto para que poida solicitar o seu préstamo temporal tanto outros centros de investigación como os centros tecnolóxicos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta incorpora oito centros de Santiago, Lugo, Manzaneda, A Rúa, Cangas, Agolada e Vilanova de Arousa ao programa Educación Responsable
Summary:
A iniciativa, que promove a educación emocional do alumnado, en colaboración coa Fundación Botín, supera xa o centenar de centros
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de incorporar oito novos centros educativos ao programa Educación Responsable, que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín. O obxectivo desta iniciativa é promover a educación emocional do alumnado e poñer en valor a súa importancia no seu desenvolvemento persoal e académico.
Os centros que se suman ao programa este ano son os colexios CEIP de Manzaneda (Manzaneda), CEIP Manuel Respino (A Rúa), CEIP do Hío (Cangas), CEIP Plurilingüe de Agolada (Agolada) e CEIP Plurilingüe Xulio Camba (Vilanova de Arousa); o instituto IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela) e Sanxillao (Lugo), así como o Centro de Educación Especial Santa María (Lugo).
Con estas novas incorporacións, este curso participarán no programa Educación Responsable un total de 103 centros, 7.300 alumnos e 448 docentes. Todos eles reciben formación, recursos e seguimento por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Estratexia galega de convivencia escolarA iniciativa enmárcase na Estratexia galega de convivencia escolar 2025, a folla de ruta do Goberno galego para seguir mellorando o clima nas aulas e o benestar emocional do alumnado. O programa Educación Responsable desenvólvese ao longo de tres cursos e leva consigo a aplicación na aula de diferentes recursos de educación emocional, social e creativa, o que se realiza de forma coordinada.
Ademais de en Galicia, o programa desenvólvese noutras comunidades españolas, concretamente en Cantabria, Madrid, A Rioxa, Navarra, Murcia, Castela e León, Aragón e Comunidade Valenciana, así como nos países de Uruguai, Chile e México.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalProposta provisional de adxudicacións e exclusións de axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro
O prazo de presentación de alegacións será de 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta listaxe no portal educativo.
Anuncio principal:
Convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, curso 2023/24Tema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
CentrosConcurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da consellería competente en materia de educación 2024/25 (ED012A)
Xúntase a Orde do 21 de outubro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A)
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 5 de novembro ata o 26 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.
File:
Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG) Instrución nº10/2024Servizo relacionado:
CXTTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínUn total de 680 estudantes de Bacharelato e FP gozan dunha praza gratuíta ou bonificada nos centros residenciais da Xunta neste curso
Summary:
As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse
Os usuarios seleccionados acceden a unha praza de balde ou pagando unha taxa subvencionada cuxa contía varía en función da renda familiar
Idioma GallegoUn total de 680 estudantes de Bacharelato e FP gozan dunha praza gratuíta ou bonificada nos centros residenciais docentes da Xunta este curso 2024-2025, repartidas entre os centros da Coruña (situado en Culleredo), Ourense e Vigo.
O Goberno galego inviste arredor de un millón de euros nestes centros, que teñen como obxectivo facilitar a residencia fóra do seu fogar a alumnos de estudos postobrigatorios non universitarios, fundamentalmente Bacharelato e FP.
En concreto, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP concedeu 303 prazas na Coruña, 194 en Vigo e 183 en Ourense. Deste xeito, os centros residenciais docentes xestionados polo Goberno galego acadan un 92 % de ocupación, en termos moi similares ao curso pasado, cando obtiveron praza 654 estudantes.
Os centros residenciais docentes acollen preferentemente a estudantes matriculados en ensinanzas que non se imparten en ningún centro da localidade onde reside a súa unidade familiar, nin tampouco noutros concellos próximos que lles permitan desprazarse con facilidade a diario.
Igualdade de oportunidadesOs beneficiarios destas prazas acceden ao servizo de residencia de forma completamente gratuíta ou con condicións bonificadas. Neste último caso, o estudante deberá aboar unha cota vinculada á porcentaxe na que a renda da unidade familiar supere o limiar establecido con diferentes tramos en función desa porcentaxe
Entre os criterios de valoración utilizados destacan os datos socioeconómicos, a composición familiar, a renda, a condición de discapacidade ou desemprego e o rendemento académico, de acordo coas baremacións establecidas na convocatoria.
Con esta medida, a Consellería de Educación promove que Galicia funcione como un distrito único, garantindo que o alumnado poida acceder ás mesmas oportunidades educativas, independentemente do lugar de procedencia. Desta maneira, facilítase o acceso á formación a estudantes que deben escolarizarse en localidades diferentes ao seu domicilio habitual e non teñen opción de desprazarse a outro concello próximo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta supervisa os últimos detalles do proxecto para construír o novo instituto de Vigo
Summary:
Román Rodríguez reúnese cos estudos de arquitectura encargados da redacción do proxecto, que cumpren así coa previsión da entrega no mes de outubro
Unha vez remate a revisión da documentación, licitarase a obra co obxectivo de adxudicala e poder comezar a construción do centro no vindeiro ano 2025
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, vén de reunirse esta semana co equipo redactor do proxecto de construción do novo Instituto IES Domingo Villar de Vigo. Trátase da Unión Temporal de Empresas Iglesias Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectos, adxudicatarias tanto do proxecto básico como de execución, dentro dos traballos previos á obra física nos que a Xunta leva xa investidos máis de 350.000 euros e cuxa entrega se produce no mes de outubro, tal e como estaba anunciado.
No encontro, no que tamén participaron técnicos do departamento de Construcións e equipamentos da Consellería, supervisáronse os últimos detalles do proxecto, para poder presentalo a toda a sociedade proximamente.
O novo centro construirase no barrio vigués de Navia e conta cun orzamento de 14M€, dos que parte xa se consignan nas contas do departamento educativo da Xunta para o vindeiro ano, en concreto preto de 2M€. Unha vez remate a revisión, licitarase a obra co obxectivo de adxudicala e poder comezar a construción do centro en 2025.
Román Rodríguez salientou o compromiso da Xunta “coa mellora da oferta educativa, aumentando prazas alí onde existe demanda”. É o caso, por exemplo, de Vigo, Ames ou O Pereiro de Aguiar, onde están en marcha traballos para a construción de novos centros. E tamén doutros concellos como Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Ares, Lugo, O Carballiño ou A Estrada, onde distintos colexios, institutos e centros de Formación Profesional veñen sendo obxecto de obras de ampliación por parte do Goberno galego.
Un antes e un despois na arquitectura educativaO conselleiro mostrouse convencido de que o novo instituto de Vigo “marcará un antes e un despois no modelo de centros educativos de Galicia”. De feito, “será o primeiro instituto construído integramente baixo os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”, co que a Xunta leva investidos máis de 10 millóns de euros na cidade.
O Instituto IES Domingo Villar atenderá as necesidades educativas derivadas da dinámica poboacional nunha área de expansión como é o barrio de Navia e terá capacidade para arredor duns 700 alumnos de ESO e Bacharelato. Contará con espazos docentes acolledores e interactivos, que fomenten novos modelos de aprendizaxe, dinámicos e adaptables. O seu deseño estará, ademais, dirixido á sustentabilidade, buscando unha redución do consumo enerxético respecto de edificios similares.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta crea o premio ‘Tolerancia cero fronte ao acoso escolar’ para recoñecer o compromiso dos centros con actuacións nesta materia
Summary:
A iniciativa está dotada con 30.000 € que se repartirán en catro distincións específicas para a etapa de Primaria e outras tantas para a de Secundaria
Poderán presentar o seus proxectos ata o 20 de novembro para concorrer a este galardón, unha das novas medidas do Plan integral contra o acoso escolar
Valorarase a implicación do alumnado na loita contra o acoso e o ciberacoso e no coidado e acompañamento das vítimas
Idioma GallegoA Xunta de Galicia crea o primeiro premio Tolerancia cero fronte ao acoso escolar que ten como obxectivo recoñecer o compromiso e o labor dos centros educativos na loita contra situacións contrarias á convivencia escolar con actuacións específicas neste eido, ao tempo que serven de boas prácticas para o resto da comunidade educativa.
A finalidade do galardón, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, é promover a participación do alumnado en programas que estimulen a súa implicación no respecto aos dereitos humanos individuais e sociais a través de accións concretas de loita contra o acoso e o ciberacoso escolar e de coidado e acompañamento das vítimas.
Con esta convocatoria, o departamento educativo do Goberno galego dá cumprimento a unha das accións recollidas no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso que, á súa vez, está inxerido na Estratexia Galega de Convivencia Escolar.
Tal e como pode consultarse no Portal Educativo, a convocatoria vai destinada a todos os centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que dispoñen de prazo ata o 20 de novembro para presentar os seus proxectos, que poden ser de carácter individual ou colectivo. Cada centro poderá presentar unha solicitude que irá acompañada dunha memoria descritiva do conxunto de actuacións levadas a cabo en materia de convivencia e benestar emocional.
Categoría e importesUnha comisión de selección encargarase de avaliar os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.
A Consellería destina un total de 30.000 € a este galardón, que se distribuirán a razón de catro premios (primeiro, segundo, terceiro e mención de honra) para a modalidade de Primaria e outros tantos para a de Secundaria (que abrangue ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial). Así pois, o centro que acade o primeiro premio recibirá 8.000 €, o segundo recibirá 4.000 €, o terceiro 2.000 € e a mención de honra 1.000 €.
Os centros poden acadar ata un máximo de 116 puntos nos que se valorarán o cronograma de actuacións realizadas ao abeiro do proxecto presentado; que os obxectivos sexan sostidos ao longo do tempo, propostas de actuación para o futuro, medidas innovadoras de loita contra o acoso e o ciberacoso que redunden na mellora da calidade educativa; nivel de implicación dos membros da comunidade educativa (familias, institucións...), posibilidade de replicar o modelo noutros centros e difusión do proxecto e dos seus resultados, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez enxalza o talento e potencial das empresas e centros de investigación galegos que traballan co CERN, un dos corazóns da ciencia mundial
Summary:
O conselleiro de Ciencia, xunto ao reitor da USC, visita en Xenebra a Organización Europea para a Investigación Nuclear, o maior laboratorio de física de partículas, á fronte dunha delegación de compañías e institucións científicas galegas
O representante da Xunta destaca que esta colaboración demostra “o sobresaínte traballo que se fai en Galicia en materia de I+D+i con investigadores excelentes e firmas de referencia que son quen de competir nun escenario internacional”
Plexus Tech (Santiago), Horta Coslada (Arteixo), Gabadi (Narón) e Thune Eureka (Vilagarcía de Arousa), e os centros IGFAE e Cesga, manteñen unha xornada de traballo na capital suíza para seguir estreitando lazos e intercambiando coñecementos
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, encabeza hoxe unha delegación de empresas e centros de investigación galegos nunha xornada de traballo en Xenebra no CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), o maior laboratorio de física de partículas e un dos corazóns da ciencia no mundo. Trátase de compañías e centros que xa traballan co CERN, ao que prestan distintos servizos, o que en opinión do representante da Xunta demostra “o sobresaínte traballo que se fai en Galicia en materia de I+D+i con investigadores excelentes e firmas de referencia que son quen de competir nun escenario internacional”. Por iso, quixo visibilizar e enxalzar o seu talento e enorme potencial.
A delegación encabezada polo conselleiro de Ciencia, na que tamén participa o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, está integrada por Plexus Tech, con sede en Compostela e representada polo seu CEO, Antonio Agrasar; Horta Coslada, de Arteixo, co seu director xeral, Alejandro Otero; Gabadi, de Narón, co seu director financeiro, José Luis Manso, e Thune Eureka, de Vilagarcía de Arousa, co seu director xeral Sergio Álvarez.
A eles, súmanse o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), un centro mixto da Xunta e a USC, do que asiste o seu director, Carlos Salgado, e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), institución compartida entre Xunta e CSIC, co director, Lois Orosa. Ambos centros teñen sede en Santiago. A delegación galega complétase coa directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta, Carmen Cotelo.
Contribución de cada compañía“Non é doado dar servizo ao laboratorio de física máis grande do mundo e estas empresas son quen de facelo, demostrando que Galicia está na vangarda da investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico”, explicou o conselleiro. “Esta colaboración dá conta –destacou– do sobresaínte traballo que se fai en Galicia para continuar impulsando e situando a nosa Comunidade no contexto europeo a nivel de innovación e investigación”, incidiu.
En concreto, Plexus Tech, unha compañía tecnolóxica especializada en servizos e produtos IT que desenvolve solucións integrais á medida, é provedora do CERN en desenvolvemento de tecnoloxías para os seus servizos. A empresa de construcións metálicas Horta Coslada participa nun dos proxectos estrela (DUNE) do CERN, no que se encarga da fabricación da estrutura metálica de dous criostatos (dispositivos empregados para manter baixas temperaturas).
Pola súa banda, Gabadi, unha das principais empresas do sector naval, encárgase da fabricación e reparación de tanques de membranas nas instalacións de Italia e Suíza, tras aportar o seu coñecemento en máis de 13 proxectos realizados polo CERN. Finalmente, Thune Eureka, provedora de servizos de fabricación de bens de capital, realiza actualmente un molde deseñado para a impregnación de novas bobinas de reposto para os sistemas de propulsión de dipolos. Esta información pode ser ampliada no dossier que acompaña a esta nota de prensa.
Intercambio de experiencias e proxectosNa ampla xornada de traballo, con visitas ás instalacións, presentacións e intercambio de experiencias, proxectos e estratexias con investigadores e traballadores deste centro, foron recibidos pola galega Mar Capeáns, xefa do departamento de Infraestruturas do CERN, no que leva traballando desde hai máis de 30 anos.
A visita comezou cunha presentación sobre o presente e o futuro do CERN, os pasos cara onde camiña e as súas liñas de investigación. Tamén se deu a coñecer a súa contribución ao proxecto DUNE, no que participan precisamente Horta Coslada e Gabadi. Esta é unha das iniciativas estrela nas que está somerxido actualmente o CERN, onde se aglutinan expertos internacionais para estudar algunhas cuestións sobre a física de partículas.
Finalmente, coñeceron as instalacións String Facilities, onde se coordinan as actividades relacionadas coa integración, instalación, posta en servizo e operacións no marco do Proxecto HL-LHC (que ten como obxectivo mellorar o acelerador de partículas e incrementar o número de colisións por segundo), e afondaron nas oportunidades industriais da sociedade actual. A visita concluíu no espazo CERN Science Gateway, o museo da Organización europea. “Esta xuntanza foi moi frutífera e, de seguro, que servirá para que as empresas e institucións galegas científicas continúen mellorando os seus procesos e servizos e poidan así seguir reforzando Galicia no ámbito científico e técnico”, concluíu o representante do Goberno galego, que trasladou en nome da Xunta o orgullo e a felicitación polo labor continúa de empresas e centros ata acadar a súa posición actual.
Estratexia cuántica de GaliciaO grupo galego tamén visitou o centro de computación do CERN, onde coñeceu a súa estratexia en cuántica a través da súa folla de ruta, a Iniciativa de Tecnoloxía Cuántica, que define un programa de investigación a medio e longo prazo. De feito, o Cesga xa mantén unha colaboración fluída co CERN desde 2004, pois presta soporte computacional aos grupos de investigación galegos que colaboran co experimento LHCb (un dos detectores do maior acelerador de partículas do mundo) para o almacenamento, procesamento e análise dos datos dos sensores instalados no LHC (o acelerador de partículas) do CERN.
Neste senso, o titular de Ciencia recordou a firme aposta do Goberno galego polas tecnoloxías cuánticas, así como as actuacións que se están a desenvolver en Galicia nesta materia e puxo en valor a aposta polo impulso ao Cesga. “Destinamos 56M€ de fondos europeos e propios á unha nova sede que albergará infraestruturas de supercomputación e almacenamento, co fin de consolidarnos como referente no ámbito nacional e europeo, capaces de estar á vangarda en computación de altas prestacións e computación cuántica, así como no coñecemento sobre estas infraestruturas”, remarcou Román Rodríguez.
Preto de 40 doutorandos da ComunidadeAdemais, na visita tamén se amosou o traballo que realiza o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, que colabora activamente co CERN. De feito, este centro de investigación ten a 40 membros traballando con este laboratorio mundial. “Ver como investigadores galegos fan posible que lideremos a participación española nun dos proxectos máis importantes do CERN é outro síntoma máis do gran potencial e talento que existe na nosa Comunidade”, subliñou. Ademais deste proxecto, o IGFAE mantén unha estreita relación en áreas de estudo relacionadas coa física teórica e colabora no campo da divulgación.
No ámbito máis formativo, tamén preto de 40 estudantes de doutoramento deste Instituto galego están desenvolvendo a súa tese no centro suízo. A meirande parte analizan e interpretan os resultados recollidos polo experimento LHCb, e, desde a perspectiva teórica, outra parte do alumnado de doutoramento da nosa Comunidade investiga sobre a interacción forte, unha das catro forzas fundamentais da natureza.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta reforza este curso a formación do alumnado no uso responsable das tecnoloxías e as redes sociais con programas específicos de benestar dixital
Summary:
Educación impulsa un abano de iniciativas neste eido, entre as que se atopa o ‘Navega con rumbo’ en coordinación co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática
Porase en marcha un novo programa para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías entre o alumnado de Primaria, cun orzamento de 2 M€
Idioma GallegoA Xunta de Galicia reforza este curso a formación do alumnado con programas específicos dirixidos a acadar un maior benestar dixital a través de un abano de accións neste eido co fin de promover un uso seguro e responsable das redes sociais e internet. Neste obxectivo, enmárcase o programa Navega con rumbo renovado hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Galicia, Fernando Suárez.
Navega con rumbo, que cumpre a súa 13º edición, realizará un total de 240 charlas de duración dunha hora. Estas xornadas están dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica para guialo cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. Por outra banda, faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado. Ademais, o convenio tamén recolle a elaboración dunha Guía de Boas Prácticas en Internet que estará dispoñible en soporte dixital na web asociada ao proxecto, como en formato impreso nos propios centros.
O convenio asinado hoxe enmárcanse na aposta do Goberno galego polo benestar dixital do alumnado, a adquisición por parte dos estudantes das competencias pedagóxicas axeitadas para o emprego das ferramentas tecnolóxicas e que sexan coñecedores dos riscos asociados ao ciberacoso. Esta prioridade recóllese na Estratexia Educación Dixital 2030 e no novo Plan integral contra o acoso e o ciberacoso, co obxectivo de que o desenvolvemento tecnolóxico sexa un medio de apoio ao proceso de aprendizaxe.
Prohibición do móbil e guía de usoAo abeiro deste compromiso, tal como avanzou o conselleiro de no Parlamento, a Xunta está actuando para adiantarse nos desafíos das novas tecnoloxías. Por iso, este curso vaise lanzar un novo programa dirixido ao alumnado de Educación Primaria para favorecer o correcto uso das novas tecnoloxías, cun investimento que superará os 2 M€. Así mesmo, a Xunta vén de poñer a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de internet e as redes sociais, un documento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que aborda, desde unha linguaxe sinxela e directa, efectos e riscos. Forma parte do programa Pegada dixital que se desenvolve en centros educativos desde hai dous cursos con 250 obradoiros.
No que atinxe á prohibición dos teléfonos móbiles nos recintos escolares, que opera desde o curso pasado a través dunha instrución remitida aos centros, o resultado da medida avalíase como moi satisfactorio en xeral entre a comunidade educativa, con boa repercusión na convivencia escolar. Non obstante, para garantir aos centros o máximo soporte xurídico na súa aplicación e ofrecer todas as certezas aos equipos directivos, vaise modificar o decreto 8/2015, de convivencia, a través da Lei de medidas para reforzalo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »