Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega alumnado do centro visitou o Museo Provincial de Lugo dentro das xornadas que este organiza " Rutas literarias". Tras a lectura por parte dos rapaces, dun libro de relatos ambientado no Museo enfrontáronse a unha batería de preguntas sobre os mesmos e tamén pescudas dentro do museo para localizar cadros, estelas funerarias...
Aproveitando esta saída visitaron á exposición de fotografías do brasileiro Sebastião Salgado na Praza Maior de Lugo.
|