Este ano leváronse a cabo dúas estadías de profesorado no estranxeiro. Por un lado, un job-shadowing co KA107 na Universidade de Bahamas da nosa profesora de cociña María López; por outro, un job-shadowing co KA131 da nosa profesora de servizos Beatriz Collazo no restaurante El Campanu en Xenebra e da profesora Mercedes Fernández na escola de Hostelaría e Turismo de Giarre (Sicilia). Todas estadías resultaron un éxito e unha significativa mellora na internacionalización do IES Sanxillao, que afianzou os lazos internacionais entre empresas e institucións do sector do Turismo e a Hostalería.