Skip to Content

Comités de Igualdade (CMN)

ARRINCAMOS!!!! COMITÉ DE IGUALDADE E EDLG INICIAN A SÚA ANDAINA 2022-23

Velaquí estamos un curso máis para emprendermos xuntos un camiño feminista e en galego. A nosa intención é levar a diante un proxecto compartido do que vos iremos falando e que leva como título Adiantadxs. Alén diso, haberá outras actuacións específicas tanto do CI como do EDLG.

Como xa sabedes os que viñestes ás reunións, fixemos dous grupos: o dos xoves (alumnado de 1º e 2º da ESO) e o dos martes (resto). Ollo!!! Estas quendas poden estar suxeitas a cambios para compensar.

IgualdadeAquí iremos publicando as nosas actividades propostas e realizadas, ademais dos materiais complementarios para levalas a cabo.Que a nosa língua non quede... - Plataforma Feminista Galega | Facebook

 

 

OBRADOIRO CIM PONTEVEDRA SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIASEXUAL

Un estudo entre a mocidade mostra datos preocupantes: entre a poboación de 15 a 29 anos o 21% considera que a violencia de xénero se esaxera e o 27% entende que é unha conducta normal na parella.

Dende o CIM de Pontevedra deseñaron un suxestivo obradoiro de prevención/información da violencia sexual dirixido ao alumnado 4º de ESO. O seu obxectivo é o de ensinar e previr situacións de violencia mellorando tanto o coñecemento das mesmas como a resposta que poden dar e tendo especial interese en detectar as novas formas de violencia sexual a través de Internet.

Xunto co IES Torrente Ballester e o Valle Inclán, o noso centro foi un dos participantes desta necesaria iniciativa que  foi impartida por Merchi (CIM Pontevedra) e Ángel Ruibal xefe do equipo VioGén da cidade.

 

Custodios con placa: la protección de las víctimas de violencia de género,  una cuestión de equipo en la Policía Local de Pontevedra - Pontevedra Viva

 

Velaquí vos deixo a noticia.

 

OBRADOIRO IGUALDADE CIM: HAKEANDO O MACHISMO

O xoves pasado, 9 de xuño, tivemos o pracer de coñecer a Priscila Retamozo quen impartiu un obradoiro de igualdade centrado en como combater o machismo nas novas tecnoloxías.

Los talleres de prevención del machismo y la violencia sexual desarrollados  por Igualdade ya han llegado a medio millar de estudiantes de la ciudad -  Vive Pontevedra

Los IES reciben a las Almas Meraki para hackear al machismo en las redes -  SALAMANCArtv AL DÍA - Noticias de Salamanca

Priscila Retamozo Ramos é politóloga, está especializada en coeducación, violencia contra as mulleres e políticas públicas con perspectiva de xénero. Ten experiencia como Asistente técnica na ONU Mujeres Ecuador, así como impartindo cursos, obradoiros e ponencias para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, o fomento do bo trato e a coeducación.

 

La politóloga Priscila Retamozo da el pistoletazo de salida a la  celebración del 8M - Faro de Vigo

E, en relación a isto, Priscila é tamén coautora da obra Comando igualdade xunto con Chis Oliveira  denominación dunha marabillosa e inspiradora iniciativa levada a cabo no IES Alexandre Bóveda de Vigo que foi un punto de inflexión no desenvolvemento de estratexias feministas e ruptura de prexuízos. 

Comando Igualdade escribe su historia - Faro de Vigo

 

Con Priscila, prendemos e desaprendemos porque hai que desbotar para avanzar.

 

MEMORIA HISTÓRICA E MULLER. VISITA A SAN SIMÓN

O alumnado que pertence aos Clubs de Lectura, ao Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e ao Comité de Igualdade, realizou unha visita á illa de San Simón, lugar tristemente ligado á memoria histórica, e posteriormente acudiu ás Salinas de Ulló en Vilaboa, para coñecer unha importante mostra do patrimonio cultural que conservamos preto de Pontevedra. Durante a visita guiada á Illa, alén de coñeceren as diferentes edificacións e posteriores restauracións e creacións de César Portela ou a vexetación endémica do lugar, aproveitouse este idílico escenario para que o alumnado realizase u unha lectura de poemas organizada por Anxos Rial.

AQUÍ PODES VER O ÁLBUM

VISITA DE COMPAÑEIROS DA ASOCIACIÓN ESTUDANTIL ERGUER!

O venres da semana pasada, 27 de maio, militantes e colaboradores do sindicato estudantil galego ERGUER estiveron no noso centro para falarnos de prexuízos lingüísticos tanto en 1ºBACH como en 4º da ESO. Nós aproveitamos o recreo para falarmos con eles sobre outro tipo de prexuízos, os machistas, que tanto entorpecen o noso desenvolvemento como comunidade. De feito, comentáronnos que agora estaban cos obradoiros de sociolingüística pero o curso pasado traballaron o tema da igualade en diferentes institutos de Galicia.

Foi un pracer falar con eles  e ver que o voluntariado comprometido consegue metas.

O COMITÉ DE IGUALDADE, DE VISITA NO SALÓN DO LIBRO

  Vuelve el "Salón do libro infantil e xuvenil" a Pontevedra - Vigopeques

Como ben sabedes, o alumnado colaborador co Comité de Igualdade, foi de visita ao Salón do Libro acompañado polos compañeiros e compañeiras de dinamización, e dos clubs de lectura. Todos e todas asistiron a un concerto sociolingüístico no que membros de Zënzar amosaban diferentes cancións deles e doutros grupos que cantan na nosa lingua, ao tempo que facían reflexionar sobre o seu uso. Por outra banda, unha compañeira  da veterana banda chamada LAURA ROMERO, achegounos un proxecto feminista propio MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS (https://musicasgalegasilustradas.com/), que xorde da necesidade de encher un baleiro ben significativo, o das mulleres que se dedican á música, para visibilizalas e poñelas en valor. Actividade redonda!!!!

IV XORNADA DE FORMACIÓN PINTO E MARAGOTA (DIVERSIDADE SEXUAL)

 

logo

 

A través do programa municipal pola diversidade sexual, Pinto e Maragota, o Concello de Pontevedra promove a IV xornada de formación Pinto e Maragota "A diversidade sexual e de xénero nas aulas".

 

Esta actividade ten os seguintes obxectivos:
1.Facilitar ao profesorado información sobre a situación legal do colectivo LGTBIQ, en relación aos protocolos educativos.
2.Fornecer ao profesorado de recursos literarios, informativos e audiovisuais para tratar a diversidade sexual e de xénero na aula.
3.Dar a coñecer redes de traballo educativo e casos de éxito no tratamento da diversidade sexo-xenérica na aula.

 

Contidos da actividade:
1.A diversidade nas aulas. Datos e necesidades.
2.Diversidade sexual e de xénero na infancia e na adolescencia.
3.Aspectos legais relativos ao colectivo LGTBIQ.
4.Experiencias positivas de tratamento da realidade LGTBIQ no ámbito educativo.
5.Aspectos históricos e sociais das reivindicacións LGTBIQ.

 

Código e título: P2102034 A diversidade sexual e de xénero nas aulas
Data: sábado 21 de maio de 2022
Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura (Pontevedra)
Duración: 8 h (presenciais)
Programa: pódese consultar o programa da actividade no PDF anexo.
 

 

O oersoal docente en activo pode formalizar a matrícula nesta actividade a través de FPROFE.

 

Esta actividade está aberta a outros colectivos; neste caso, para realizar a inscrición cómpre dirixir a solicitude ao seguinte enderezo electrónico: info@pintoemaragota.gal

Aquí vos deixamos o programa, animádevos a aisitir!!!

LETRAS GALEGAS 2022 FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN E LUÍSA VILLALTA

Como sabedes, a RAG é a encargada de elixir cada ano ao homenaxeado polas as Letras Galegas, e neste 2022 ese persoeiro é FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. Gran activista no exilio, promotor da revista Vieiros, para el a nosa Galiza era infinda porque levamos a terra en nós e espallámola polo mundo. No destaque anterior tedes máis información e recursos.

A Deputación celebra en Vigo as Letras Galegas cunha homenaxe a Florencio  Delgado Gurriarán - MetropolitanoFlorencio Delgado Gurriarán, o noso poeta. | CEIP Condesa de Fenosa

Por outra banda, a asociación de crítica literaria A SEGA, para dinamizar á muller nas Letras Galegas, selecciona cada ano a unha homenaxeada e o recoñecemento este curso vai para LUÍSA VILLALTA, escritora e música profesional que nos deixou no 2004. No nome destacado tedes máis información.

Os papeis de Luísa Villalta

Por outra banda, este mes teredes na entrada do instituto uns collages que nos achegan de xeito plástico a ambos. Non deixedes de botarlle unha ollada!

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS A (DES)MEMORIA NAS AULAS

A (des)memoria nas aulas

Este sábado 30 de abril, celebráronse no antigo edificio da Delegación de Educación en Pontevedra, as Xornadas chamadas "A (des)memoria nas aulas" organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria  Histórica. As profesoras Anxos Rial e Conchi Díaz, acompañadas por 3 alumnos destes centro (Carme Fernández, Gabriel Tomé e María Araújo), foron invitadas polas súas aportacións a este tema a través dun proxecto realizado cos alumnos de 4º ESO.

O obxectivo das Xornadas é facilitar un lugar de encontro para que o profesorado da provincia poida coñecer novos recursos, ideas e proxectos para abordar nos centros de ensino a Guerra civil, a ditadura e a represión.

 

 

 

 

31 DE MARZO, VISIBILIDADE TRANS

Como sabedes, o 31 de marzo é o día da visibilidade trans. Para achegarnos e visibilizar esta realidade, achegamos, entre outros, os materiais que nos favorece a asociación ARELAS. Como sabedes, esta exposcición que visibliza persoas trans está exposta na entrada do insti. Ademais,  fixemos e repartimos entre o alumnado adhesivos coa bandeira trans e octaviñas con información sobre o tema. 

Algunhas ligazóns de interese:

'Transexuais máis influíntes

 Conceptos: https://asociacionarelas.org/gl/explora/conceptos/
Info e noticias relacionadas coa Lei Trans Galega: https://asociacionarelas.org/gl/category/noticias/ley-trans-gallega/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut