Velaquí estamos un curso máis para emprendermos xuntos un camiño feminista e en galego. A nosa intención é levar a diante un proxecto compartido do que vos iremos falando e que leva como título Adiantadxs. Alén diso, haberá outras actuacións específicas tanto do CI como do EDLG.
Como xa sabedes os que viñestes ás reunións, fixemos dous grupos: o dos xoves (alumnado de 1º e 2º da ESO) e o dos martes (resto). Ollo!!! Estas quendas poden estar suxeitas a cambios para compensar.
Aquí iremos publicando as nosas actividades propostas e realizadas, ademais dos materiais complementarios para levalas a cabo.