Skip to Content

XUBILACIÓN DE PACO CARRAL

O martes 21 de decembro, despedimos con agarimo ao noso compañeiro de Educación Física, Francisco Pérez Carral: Paco.

A súa homenaxe estivo enmarcada nunha actividade que el coordinou en varias ocasións, sempre con bo ánimo e compromiso: "Tu cara me suena". Pensamos que esa era a mellor homenaxe: facelo partícipe dunha das actividades ás que tanto tempo adicou, pois Paco considera que as actividades extraescolares son parte da formación académica do alumnado.

Desexamos que agora desfrutes da familia e do tempo libre e que poidas facer todas aquelas cousas que quedaron en segundo plano durante a vida laboral. No Sánchez Cantón estará sempre a túa casa. 

TEATRO EN FRANCÉS

O pasado martes 18 de xaneiro, o alumnado de Francés de 4º ESO, desfrutou da representación "Une amitié intouchable" no Teatro Salesianos de Vigo. Ata compartiron foto e risas cos actores!

 

HOMENAXE A JAIME RODRÍGUEZ ABILLEIRA

O pasado 20 de decembro, Jaime comezou unha nova andaina, lonxe das clases e o alumnado, pero perto doutras actividades moi enriquecedoras. Deixamos pegada deses momentos a través deste vídeo.

Esta será sempre a túa casa, Jaime.

 

Felices Festas

A comunidade educativa do IES Sánchez Cantón deséxalles unhas FELICES FESTAS DE NADAL

TU CARA ME SUENA 2021

Hoxe, 21 de decembro, celebramos a gran festa de Tu cara me suena 2021. Os gañadores recibiron os premios acompañados polos compañeiros e compañeiras dos seus grupos, mentres o resto do alumnado seguía o espectáculo dende as súas aulas, onde o profesorado conectou online para que puidesen participar deste festival musical e interpretativo.

Debaixo de cada foto aparece o enlace ás interpretacións dos gañadores.

1º PREMIO: Luis Fernández Sineiro

MY WAY - FRANK SINATRA

2º PREMIO: Ana Dios Casás

UN BESO Y UNA FLOR - NINO BRAVO

 

3º PREMIO: Javier Hermida Hermida                   José Luis y Alicia Penide Martínez

 

BARBIE GIRL - AQUA

  

 

CAN'T HELP FALLING IN LOVE -  ELVIS PRESLEY

ENTREGA DE DIPLOMAS DELF

Este venres 17 de decembro, foron entregados os diplomas DELF aos

75 alumnos e alumnas que obtiveron este título o curso pasado.

 

 

 

 

FÍSICA RE-CREATIVA: LUZ E COR

 O xoves 16 de decembro, visitou o noso centro D. José Benito Vázquez Dorrío, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo, onde imparte docencia na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Os 87 alumnos e alumnas de 1º Bacharelato que escoitaron a charla de Física Re-Creativa titulada: "Física Re-creativa: Luz e Cor", participaron de boa gana nos experimentos plantexados polo ponente. 

 

           

 

     

             

TU CARA ME SUENA 2021

VOTACIÓNS

(ATA AS 17 HORAS DO VENRES, 17 DE DECEMBRO)

 

Ligazón para acceder ás instrucións, vídeos e VOTACIÓNS.

CHARLA COLEXIO DE FARMACÉUTICOS

O pasado xoves 9 e venres 10 de decembro, visitaron o noso centro dous representantes do Colexio de Farmacéuticos, Francisco Torres e Cristina Llorente, para explicar ao alumnado de 1º de bacharelato as funcións dos farmacéuticos e axudar a comprender a información que proporcionan os prospectos e caixas de medicamentos.

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O pasado sábado 20 de novembro celebráronse os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia en Santiago de Compostela. Alí estivo a nosa compañeira Anxos Rial, Coordinadora dos Clubs de Lectura do IES Sánchez Cantón, invitada pola organización para realizar unha ponencia.

Anxos explicou nunha sala do Pazo de Congresos, repleta de profesorado de toda Galicia, o funcionamento dos 15 clubs que neste momento existen no instituto, nos cales participan 160 alumnos e alumnas, 11 profesores e profesoras e a súa evolución dende que hai 10 anos, cando se fundou o Club de Lectura “Nube de palabras” no IES Sánchez Cantón.

Noraboa polo teu magnífico traballo, Anxos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut