Skip to Content

AVISO PARA O ALUMNADO DE EEDD (PROBAS ACCESO N1 FÚTBOL)

O alumnado que se presente ás probas de acceso do vindeiro luns 13 de setembro terá que ter en conta:

  1. Non haberá posibilidade de utilizar os vestiarios das instalacións deportivas, polo tanto haberá que deixar as pertenzas persoais nas bancadas exteriores.
  2. Cada participante deberá traer a súa propia bebida en caso de necesitala.

 

 

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR (SETEMBRO)

Todo o alumnado que ten concedido o cheque de material escolar pode pasar a recollelo na conserxería do centro.

SORTEO PÚBLICO PARA ADXUDICACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DA ESO

O vindeiro VENRES 10 de setembro, ás 11:00 h., realizaremos un sorteo público no vestíbulo do centro para adxudicar os lotes de libros de texto.

DATA DE INICIO DO CURSO 2021-2022

O próximo mercores 15 de setembro comezan as clases de Secundaria, Bacharelato, Ciclo Formativo e EEDD segundo o calendario escolar publicado pola Xunta de Galicia para o curso 2021 - 2022.

O horario será o habitual neste centro antes da pandemia: de luns a venres desde as 9:00 ata as 14:30, e os luns pola tarde de 16:30 a 18:10. 

A partir do luns 13, publicaremos o horario de presentacións.

Entrega de cualificacións de setembro 2021 e reclamacións

 

Pica na ligazón para abrir o arquivo

 

PREMIOS XLII CERTAME TERRA CHA DA INFANCIA E MOCIDADE

O sábado 28 de agosto entregáronse os premios do XLII CERTAME TERRA CHA DA INFANCIA E MOCIDADE en Guitiriz. Foron 1328 os participantes das 4 provincias e o noso centro ten o orgullo de contar con 9 alumnos e alumnas que recibiron os seus merecidos galardóns. Parabéns!

Premiados Poesía (1º ESO)

Nicolás Rozas Martínez, Sabela Baltar Torres, Nicolás G. Conde, Daniel Bonanad Diz, Fidel López Leal, Rubén González García, Otto Schaal Lage.

Premiados Contos (4º ESO)

Contos: Sabela Rivas Campos

Contos Muller e ciencia: Mariña Maceiras Segovia

Vídeo premiado polo IFIC

Alumnas de 1º bacharelato acadan o primeiro premio de vídeo no Certame Express Arte Conciencia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut