O Departamento de Tecnoloxía acordou avaliar ao alumnado coa materia pendente doutros
cursos da forma que se detalla a continuación.
Todo o alumnado terá que facer entrega dunha serie de actividades de seguimento (exercicios,
cuestionarios, proxecto,....) que deberá realizar e entregar ao profesor de xeito periódico. Non se
valorarán aquelas actividades que se entreguen fora da data marcada como límite para a súa
presentación ao profesor. Os devanditos traballos entregaranse nas datas indicadas ao/á profesor/a que
imparta clases no curso no que estea matriculado/a o/a alumno/a. Aquel alumnado que non curse a
materia do departamento deberá entregar ese material ó Xefa de Departamento.
A cualificación final obterase do seguinte xeito:
1.- Se o alumnado entregou todas as actividades anteriormente nomeadas e acada unha nota
superior a 5, considerase a materia superada e a nota será a media das actividades.
2.- De non obter unha cualificación positiva nas actividades propostas ou non entregalas,
abrirase un novo prazo para a entrega das actividades pendentes ou non superadas e ademais terá que
realizar unha proba escrita na data previamente establecida. A nota calcúlase como sigue
- 50 %: Tarefas encomendadas polo profesorado
- 50 %: Proba escrita
No caso de non presentar as actividades a proba escrita contará o 100%.
As actividades periódicas que se lles pedirá ao alumnado estarán relacionadas cos contidos
mínimos esixidos no curso académico da materia pendente.
Realizarase, por parte do profesorado adscrito ó departamento, un seguimento dos alumnos de
xeito que se poidan resolver dúbidas e aclarar determinadas cuestións
Poderanse substituír as actividades de seguimento, por un control diario do profesor, sempre e
cando o alumno/a este cursando esa materia no ano seguinte, se o alumno/a non acada unha
cualificación positivo poderá recuperar co procedemento anteriormente descrito.
Alumnos coa materia pendente na ESO.
No caso de non superar a materia pendente o remate da terceira avaliación, no período
comprendido entre a terceira avaliación e a avaliación final o alumnado poderá realizar as tarefas de
recuperación deseñadas polo profesorado para adquirir os coñecementos necesarios para obter unha
cualificación positiva na proba específica que se realizará antes da avaliación final.
A nota calcúlase como sigue
- 50 %: Tarefas encomendadas polo profesorado
- 50 %: Proba escrita
No caso de non presentar as actividades a proba escrita contará o 100%.