Atención a Pendentes

PENDENTES Educación Plástica e Audiovisual 2024-2025

Aqueles alumnos que teñan a E.P.V.A. ou calquera outra materia do departamento de Artes Plásticas pendente do curso anterior deberán poñerse en contacto co xefe de departamento e superar a asignatura mediante a entrega de traballos ou da superación de varias probas específicas.

Pódese recuperar a materia realizando unha serie de exercicios prácticos e un exame teórico. No caso da non superación destas avaliacións os alumnos poderán presentarse ao exame final de maio, onde poderán recuperar a materia pendente.

O Departamento de Artes Plásticas levará a cabo as seguintes medidas para avaliar ao alumnado coa materia pendente de cursos anteriores:

-O departamento proporcionará ao alumnado coa materia pendente fichas de exercicios que terán como obxectivo traballar os contidos conceptuais e procedementais correspondentes a cada unha das partes en que se dividirá a materia pendente.

-O departamento establece unha proba parcial que se realizará en horario no mes de abril, nas datas que se determinen en colaboración coa Xefatura de Estudos. O día da proba o alumno deberá presentar as fichas de exercicios rematadas tal e como se especifica no apartado anterior.

-Considerarase aprobada unha parte sempre que se obteña unha puntuación igual ou superior a 5. A nota final obterase como a media aritmética da nota das dúas partes.

-No caso de non superar a materia co sistema anterior, o alumno ou alumna deberá presentarse a unha proba final, oficial e ordinaria, que abranguerá todos os contidos da materia pendente e se realizará nunha data do mes de maio determinada, da que se informará a Xefatura de Estudos.

PORCENTAXES

Tarefas e exercicios individuais 60 %

Exame teórico parcial abril 40 %

Exame teórico final maio 100 %

NOTA

O alumnado que no curso actual non estea matriculado en ningunha das materias propias do departamento pero teña algunha delas pendente de superación será informado polo xefe do departamento e, tamén, a través do titor.

 

Distribuir contido