Atención a Pendentes

Atención a pendentes curso 2024-25

ATENCIÓN A PENDENTES CULTURA CLÁSICA 4ºESO

O procedemento a seguir constará na entrega dunha compilación de exercicios de preguntas curtas sobre os bloques de contidos  que se lle entregarán en man ao alumno en dúas entregas: 

  • A primeira será a principio do mes de outubro e deberá ser devolta ao profesor con data límite o 29/11/2024
  • A segunda  que se fará en xaneiro deberá ser devolta  con data límite o 28/02/2025

En caso da non entrega  ou a súa mala realización, haberá un exame escrito a última semana de abril. Considerarase superada a materia obténdose unha nota igual ou superior a 5 puntos.

 

CAMBIO DE MODALIDADE LATÍN II

Aquel alumnado que queira matricularse en 2º de Bacharelato da materia de Latín II, que teña cambiado de modalidade e non teña cursada a materia de Latín I no primeiro curso, deberá cumprir as seguintes condicións para superar a materia de 1º.

-En primeiro lugar, deberá entregarlle ao profesor un traballo que consistirá en diferentes exercicios de carácter gramaticais e morfosintácticos, antes do remate da 1ª avaliación. A entrega deste traballo será conditio sine qua non para poder acadar positivamente os conceptos básicos á hora de traducir.  Ademais, tamén deberá  superar a 1ª avalización de Latín II cunha nota igual ou superior a 5, xa que considérase que os contidos desta avaliación conrespóndese cun repaso exhaustivo dos contidos da materia de Latín I.

No caso de non superar estes dous criterios terá outra oportunidade facendo un exame escrito no mes de xaneiro. 

Distribuir contido