Traballar no Reino Unido. Alumnado titulado no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría participa no programa ERASMUS+ Prácticum Depo2015 . Consorcio do IES coa Deputación de Pontevedra

Os alumnos  Javier Corredoira Andrés e Iago González Rodríguez recén titulados no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría do IES SALVATERRA DE MIÑO van traballar en empresas do Reino Unido. Dende o 10 de outubro de 2016 ata o 30 de abril de 2017 traballarán en empresas do Reino Unido, concretamente na cidade de Enfield. Recibiron unha bolsa do programa Erasmus+ no que participa o IES SALVATERRA DE MIÑO como asociado coa Deputación de Pontevedra dentro do programa Practicum Depo2015. A finalidade do proxecto é adquirir formación técnica cualificada complementaria á que recibiron no seu periodo de formación e mellorar a súa competencia lingüística nunha lingua estranxeira. 

Os coordinadores dos proxectos internacionais desexámoslles que sexa do máximo proveito a experiencia laboral e o reto lingüístico que teñen por diante. Ánimo!

Javier Corredoira Andrés e Iago González Rodríguez.