Pais/Nais
blogue deadmin
Estudo do intermareal: Praia da punta
admin — Mér, 22/03/2023 - 13:08
O 1 de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato que participa no Club de Ciencias realizou unha visita didáctica guiada polo profesorado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía á Praia da Punta no litoral de Teis. Foi unha xornada de traballo moi intensa que incluía os seguintes obxectivos: estudo da zonación intermareal, o modelado litoral, a formación da area, identificación de macroalgas e o recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso, comprobando a elevada biodiversidade presente na franxa intermareal sometida ó réxime de mareas
Benvida!!!!!
admin — Dom, 05/03/2023 - 12:27
Benquerido alumnado,
hoxe dámos comezo a unha nova etapa na biblioteca do noso centro. Con este blog intentaremos mantervos ao día das novidades que vaian chegando, das lecturas máis populares, pero tamén este espazo está aberto a vós! Encantaríanos contar coas vosas reseñas de libros para así animar a súa lectura, tamén coas vosas suxerencias para mercar novelas, cómics, mangas...
Desta maneira crearemos unha biblioteca viva, participativa e aberta!!!
A nosa benvida a este espazo que é de todas e todos nós!!!
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+