Pais/Nais
Blogues
Novidades do mes de marzo
Biblioteca — Mar, 12/03/2024 - 22:07
Chegaron as novidades mais explosivas. Botade un ollo!
Novidades febreiro 2014
Biblioteca — Xov, 22/02/2024 - 21:35
As novidades continúan na nosa biblioteca, aquí deixámosvos as de febreiro. Botádelle un ollo que realmente pagan a pena.
Novidades xaneiro 2024
Biblioteca — Xov, 11/01/2024 - 21:08
Comeza o ano e temos novidades na bibliotea. Bota un ollo!!
Traballando coas matemáticas
Clubdeciencias — Xov, 11/01/2024 - 20:04
Hoxe 15 de novembro, o Club de Ciencias do Rosais 2, estivemos traballando coas matemáticas.
Por un lado fixemos, coa axuda de diversos materiais como goma eva de diversas cores, regra, cartabón e escuadra, uns tangrams. Fixemos diferentes grupos e cada uno deles realizaba as pezas do tangram, medindo as piezas para que ao final, entre todos os grupos, rematasen co reto de realizar diversas figuras que lles propoñiamos.
Por otro lado, ttraballamos coa impreora 3D. Para acadar tal fin, programamos, co programa indicado, as pezas dun cubo soma e unha vez conseguido, metémolo na impresora para ver o seu resultado.
Estivo xenial, unha tarde divertíndonos coas matemáticas donde o alumnado implicouse de cheo.
Clubs de lectura
Biblioteca — Lun, 13/11/2023 - 19:59
Estamos a piques de comezar cos clubs de lectura, animádevos a vir gozar dos libros!
Novidades de novembro
Biblioteca — Lun, 13/11/2023 - 19:49
Unha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación igualitaria e transformadora que propuña a II República.
A ciencia pode ser divertida!
Unha adolescente que non sabe como convivir coa dor. Cando parece que nada pode empeorar atópase co boxeo.
Unha profesora que se rebela contra os estereotipos e loita por dignificar a muller xitana.
Reunión do pasado día 18 de outubro
Clubdeciencias — Xov, 09/11/2023 - 19:18
Nesta xuntanza os alumnos tiveron a oportunidade de traballar en sinxelos experimentos que se reproduciran na semana da ciencia co obxectivo de que eles actúen como monitores dito día, podendo así axudar na montaxe e explicación dos experimentos ao resto do alumnado do centro. Fixemos traballos tanto no laboratorio de Física como no de Química, experimentando con disolucións de distintas concentracións, proceso de galvanización de moedas, experimentos coa presión, conservación do momento angular, etc. Foi unha tarde chea de experimentos no que os rapaces desfrutaron un montón!
Sesión do departamento de tecnoloxía: Iniciación a robótica con arduino
Clubdeciencias — Dom, 05/11/2023 - 22:24
O departamento de tecnoloxía comenzou este curso a súa andaina nos proxectos do club de ciencias como finalizamos a edición pasada, é dicir, tratando de fomentar, sobre todo no noso alumnado máis cativo no coñecemento da robótica, ou control automático, mediante o uso da placa de arduino. A nosa idea é aproveitar estas sesións de tarde para levar a cabo sinxelos proxectos do ámbito científico-tecnolóxicos onde ademais do propio automatismo incluír aspectos básicos de electricidade e electrónica.
Dado que a maioría do alumnado é de 1º e 2º curso da ESO escollemos para programar a placa de arduino a plataforma en liña de programación tipo Scratch que nos proporciona mBlock. Isto facilita en gran medida a parte de programación a estas idades.
Na primeira sesión celebrada o Xoves 2 Novembro o alumnado participante tiña que programar un semáforo para os coches formando equipos de máximo 2 ou 3 alumn@s. Os grupos que puideron ir a un ritmo un pouco máis avanzado púxoselles como reto ampliar a proposta anterior cun semáforo para peóns con indicador sonoro.
Ao final da sesión aínda que houbera conceptos que dada a súa idade escapaban da súa comprensión conseguimos que visen a importancia e o sentido dun automatismo nun proxecto real e a súa ligazón coa programación e coa electrónica. Ademais parece que o pasaron moi ben. Esta a próxima!.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+