Skip to Content

Actividades co alumnado de TSEAS do UCHA

 O pasado 10 de maio, foron os grupos de 2ºESO e 3ºESO os que gozaron das actividades propostas polo alumnado do Rodolfo Ucha.

Nesta ocasión, o noso alumnado tivo a oportunidade de iniciarse no ultimate.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO: "BAIXO OUTRA OLLADA"

 

Os dous finalistas do concurso literario "Baixo outra ollada" foron Sara e Alejandro de 1ºBach A.O xurado decidiu otorgar  o 1ºPremio a Sara López Vázquez pola súa poesía: "Se Galiza é a miña nai".

Parabéns aos dous! 

PARTICIPACIÓN DOS CICLOS DE IMAXE PERSOAL NAS XORNADAS DE DIVERSIDAD FUNCIONAL E NO DESFILE DE MODA INCLUSIVA

   Os días 8 e 9 de maio o noso profesorado e alumnado de ciclos tiveron a oportunidade de colaborar coa Asociación Sociocultural ASCM Galicia e co Campus Universitario de Ferrol nunhas xornadas denominadas MODA-B.

O primeiro día, a nosa compañeira Lucía Formoso, realizou un excelente relatorio sobre a utilización do maquillaxe corrector e o camuflaxe das imperfeccións. 

O xoves 9 de maio tivo lugar o desfile  Beautiful-Yet, no que tanto o profesorado da familia de ciclos como o alumnado realizaron unha moi boa colaboración maquillando e peinando aos diferentes modelos que despois amenizaron a tarde cun desfile inigualable. 

https://www.instagram.com/p/C7bqB0iNHTP/

AXUDAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025

 Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda de material para o alumnado da ESO.

O prazo remata o 21 de xuño.

A solicitude pode realizarse presencial (hai impresos na conserxería do centro) ou virtual.

 Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia no día de hoxe.



CINE EN FRANCÉS: OH LA LÁ!

 O alumnado de francés da ESO e de Bacharelato acudíu a súa cita habitual co cine en francés, intentando así que a aprendizaxe do idioma sexa da maior calidade posible. 

Na mañá do xoves 8 de maio, acudíu ao Centro Comercial Odeón para poder visionar a película "Oh La La!", una comedia coa que, sen dúbida, o alumnado gozou de verdade.

VISITA AO CASTELO DE MOECHE

 O alumnado de 2º ESO acudíu o pasado 8 de maio ao Castelo de Moeche, alí, coñeceron un pouco máis da historia dos Irmandiños e da historia da construción do Castelo. 

 O guía explicou con moita naturalidade todos os segredos que esconde dito castelo deixando ao alumnado abraiado con tantas historias esperando a ser contadas.

Sen dúbida, unha moi boa experiencia que queda na memoria dos rapaces.

Actividades co alumnado de TSEAS do UCHA

O mes de maio comezou con actividades para o alumnado de 4ºESO e de1ºESO.

O venres 3 tivemos unha actividade no polideportivo Javier Gómez Noya en colaboración co alumnado de TSEAS do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Nesta actividade, o alumnado tivo unha iniciación ao fútbol e unha iniciación ao baloncesto.

ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS: 2ºBAC

Entrega de notas para 2ºBAC: xoves 16 de maio ás 12:10

Reclamacións: luns 20 e martes 21 (ata ás13:00horas) de maio

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Este semana tivemos varias actividades coas que intentamos lembrar a Luisa Villalta e gozar aprendendo.

Comezamos a semana cun panel cheo de pequenas "orixinalidades" da lingua galega relacionadas coa lingua inglesa. Continuamos, durante os recreos do martes, cun recitado das letras de Luisa Villalta realizado polo alumnado da ESO e de bacharelato. E finalizamos coa visita ao cine do alumnado de 1ºESO, 3ºESO, 4ºESO e 1ºFPB  que acudíu o mércores ao estreno de "As Neves", unha exclente película en galego que non os deixou indiferentes.

Quedounos pendente unha actividade que tivemos que aprazar porque a climatoloxía non era a adecuada. Todo chegará...

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A derradeira saída extraescolar do mes de abril tivo como destino, Santiago de Compostela.

O grupo de 2º da ESO acudíu aos tellados da Catedral, disfrutando dunha visita moi inisual pero que lles permitíu ter unha nova perspectiva ata antes descoñecida.

Por outra banda, o alumnado de 1ºBAC acudíu a visitar a escola de Arte Superior e Diseño, Mestre Mateo e, quedaron moi agradecidos aos anfitrións e a trato recibido. Encantoulles a Escola onde quizáis podan continuar os seus estudos.

Distribuir contenido


by Dr. Radut