Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2024/2025

 O mércores 11 de setembro comezamos!!

   O alumnado deberá acudir ao salón de actos do centro para dar comezo ao curso escolar do seguinte xeito:

  • 8:30  alumnado da ESO e de FPBásica
  • 8:45  alumnado de bacharelato
  • 9:00 alumnado de ciclos (medios e superior)

 A xornada rematará no seu horario habitual.

CURSO 2024/2025: Aplicación Abalar

Benvidos ao novo curso que estamos a piques de comezar.

Para recibir todas as actualizacións e avisos do centro, é necesario que as familias teñan descargada a aplicación ABALAR no seu móbil ( ten que coincidir co número que aparece na matrícula do alumno/a)

Aquí podedes ver un titorial de cómo descargala e rexistrarse.

Aquí tedes un manual da aplicación.

COMUNICACIÓN CO CENTRO A PARTIR DO 16 DE AGOSTO

Para asuntos urxentes a partir do 16 de agosto teremos dúas vías de comunicación:

  • O teléfono 881938138 de 10:00 a 13:00
  • O  correo electrónico ies.ricardo.carvalho.calero@edu.xunta.gal

A partir do 2 de setembro a secretaría estará aberta de 9:00 a 13:00.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-25

A lista de libros de texto para o curso 24-25 está dispoñible a columna esquerda.

Antes de mercar os libros das optativas solicitadas na matrícula, o alumnado debe asegurarse de que realmente foi matriculado nesas materias.

GRADUACIÓN FIN DE CURSO:4ºESO

Rematamos este curso 23-24 coa graduación do alumnado de 4 da ESO.

Tiveron unha cerimonia de fin de etapa e unha entrega de diplomas a que todo o centro estivo invitado a acudir.

Como final do día,, participaron no tradicional partido de fin de curso entre o alumnado de 4º e o profesorado. Neste caso, foi o alumnado o que levou a copa de campións. Noraboa!

Moita sorte ao alumnado que comezará unha nova etapa nalgún ciclo noutros centros e esperamos que o alumnado graduado que continúa con nós, festexe en dous anos outra nova graduación. 

FIN DE CURSO: ALIMÉNTATE BEN, MÓVETE E SOCIALIZA

 O alumnado da ESO que participou no programa "Aliméntate ben, móvete e socializa" tivo unha actividade de fin de curso moi divertida o pasado 20 de xuño.

Comezaron  pola mañá no Laberinto de Breogán intentando saír e resolvendo enigmas e continuaron pola tarde en Neda con xogos e actividades das que gozaron moitísimo.

DATAS PARA MATRICULARSE NO CURSO 2024-2025

O alumnado debe entregar na secretaría (de 9:45 a 13:00 horas) o sobre de matrícula debidamente cumplimentado con toda a documentación requerida nas seguintes datas:

  • Mércores 26 de xuño: 2ºBAC

  • Xoves 27 de xuño: 1ºBAC

  • Venres 28 de xuño: 4º ESO

  • Luns 1 xullo: 3ºESO

  • Martes 2 de xullo: 1º e 2º da ESO

O alumnado interesado en solicitar praza no primeiro curso dalgún dos ciclos de imaxe persoal, debe solicitalo de forma virtual na páxina de FORMACIÓN PROFESIONAL. (A solicitude non garantiza a obtención da praza)

CHARLA E OBRADOIRO: CÓCTELES

O alumnado de 4º da ESO participou o 13 de xuño nunha demostración práctica para aprender a realizar e servir cócteles impartida polo CIFP Fragas do Eume.

Non é a primera vez que o centro ten o privilexio de contar con estes profesionais, e sempre deixan ao alumnado moi satisfeito e impresionado. 

EVENTO DE PECHE DO PROGRAMA DE TALENTOS INCLUSIVOS

 O alumnado que participou no proxecto de Talentos Inclusivos tivo a oportunidade de mostrar o seu traballo no evento realizado o 14 de xuño.

O público asistente e futuros usuarios das melloras realizadas polo noso alumnado, quedou moi satisfeito co seu traballo.

Estamos seguros de que este equipo de alumnos e profesorado aprendeu moito desta experiencia e das persoas coas que compartiron este proxecto.

Moitísimas grazas pola vosa implicación!

ENTREGA DE NOTAS

O boletín entregarase o martes 25 de xuño ás 12:00.

Reclamacións: 26 e 27 de xuño (ata ás 13:00horas).

Os sobres de matrícula para o curso 2024-2025 entregaranse coas notas.

O alumnado de nova admisión terá os sobres de matrícula dispoñibles a partir do 25 de xuño na conserxería.

Distribuir contenido


by Dr. Radut