Skip to Content

GRADUACIÓN FIN DE CURSO:4ºESO

Rematamos este curso 23-24 coa graduación do alumnado de 4 da ESO.

Tiveron unha cerimonia de fin de etapa e unha entrega de diplomas a que todo o centro estivo invitado a acudir.

Como final do día,, participaron no tradicional partido de fin de curso entre o alumnado de 4º e o profesorado. Neste caso, foi o alumnado o que levou a copa de campións. Noraboa!

Moita sorte ao alumnado que comezará unha nova etapa nalgún ciclo noutros centros e esperamos que o alumnado graduado que continúa con nós, festexe en dous anos outra nova graduación. 

FIN DE CURSO: ALIMÉNTATE BEN, MÓVETE E SOCIALIZA

 O alumnado da ESO que participou no programa "Aliméntate ben, móvete e socializa" tivo unha actividade de fin de curso moi divertida o pasado 20 de xuño.

Comezaron  pola mañá no Laberinto de Breogán intentando saír e resolvendo enigmas e continuaron pola tarde en Neda con xogos e actividades das que gozaron moitísimo.

DATAS PARA MATRICULARSE NO CURSO 2024-2025

O alumnado debe entregar na secretaría (de 9:45 a 13:00 horas) o sobre de matrícula debidamente cumplimentado con toda a documentación requerida nas seguintes datas:

  • Mércores 26 de xuño: 2ºBAC

  • Xoves 27 de xuño: 1ºBAC

  • Venres 28 de xuño: 4º ESO

  • Luns 1 xullo: 3ºESO

  • Martes 2 de xullo: 1º e 2º da ESO

O alumnado interesado en solicitar praza no primeiro curso dalgún dos ciclos de imaxe persoal, debe solicitalo de forma virtual na páxina de FORMACIÓN PROFESIONAL. (A solicitude non garantiza a obtención da praza)

CHARLA E OBRADOIRO: CÓCTELES

O alumnado de 4º da ESO participou o 13 de xuño nunha demostración práctica para aprender a realizar e servir cócteles impartida polo CIFP Fragas do Eume.

Non é a primera vez que o centro ten o privilexio de contar con estes profesionais, e sempre deixan ao alumnado moi satisfeito e impresionado. 

EVENTO DE PECHE DO PROGRAMA DE TALENTOS INCLUSIVOS

 O alumnado que participou no proxecto de Talentos Inclusivos tivo a oportunidade de mostrar o seu traballo no evento realizado o 14 de xuño.

O público asistente e futuros usuarios das melloras realizadas polo noso alumnado, quedou moi satisfeito co seu traballo.

Estamos seguros de que este equipo de alumnos e profesorado aprendeu moito desta experiencia e das persoas coas que compartiron este proxecto.

Moitísimas grazas pola vosa implicación!

ENTREGA DE NOTAS

O boletín entregarase o martes 25 de xuño ás 12:00.

Reclamacións: 26 e 27 de xuño (ata ás 13:00horas).

Os sobres de matrícula para o curso 2024-2025 entregaranse coas notas.

O alumnado de nova admisión terá os sobres de matrícula dispoñibles a partir do 25 de xuño na conserxería.

Visita ao Museo de Caldoval e praia de Mugardos

  O alumnado de 1º e 2º da ESO comezou o mes de xuño cunha saída aos xacementos de Caldoval. Aproveitaron as actividades lúdicas-educativas que no museo tiñan preparadas para eles e coñeceron a historia dunha forma diferente.

  Ademáis, tiveron moita sorte pois, o tempo acompañounos na saída e puideron aproveitar unha tarde de praia e xogos en Mugardos.

Unha maneira moi apropiada de prapararse para os exames finais.

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS DE 1ºFPB e 1ºBacharelato

Nos arquivos adxuntos está o calendario dos exames de 1ºde FPB e 1ºBAC que terán lugar os días 19, 20 e 21 de xuño.

Formación de aromaterapia: ciclos de estética

 Os ciclos de estética da familia de Imaxe Persoal acudiron o pasado 28 de maio a unha formación de aromaterapia.

   A formación, tanto teórica como práctica, gustou non só ao alumnado, senón tamén ao profesorado, que non perde oportunidade de continuar na formación activa das novas técnicas.

GRADUACIÓN 2ºBAC

 E por fin, o 24 de maio, o alumnado de 2ºde bacharelato festexou a súa graduación.

Foi unha tarde na que alumnado, familias e profesorado compartimos éxitos, recordos , actuacións e, sobre todo, bo humor.

Moitas grazas por elixirnos como centro para a vosa educación e por darnos tan fantásticos momentos. 

Moita sorte! Grandes!

Distribuir contenido


by Dr. Radut