A comunidade educativa de Torneiros conmemora o Día contra a violencia de xénero (25 de novembro do 2015), cunha cadea humana, unha lectura de poemas e narracións, e unhas verbas finais da alcaldesa do Porriño. E todo iso con algúns retrincos musicais do tema Porco blues, da extraordinaria Sés.
Hai un ano, o grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro ía ao IES Taboada Chivite, en Verín, a representar o Edipo rei, de Sófocles. Pois ben, neste 10 de novembro foron eles os que viñeron ao noso instituto para montar de xeito maxistral As troianas, de Eurípides. Foi unha auténtica lección de teatro que podemos ver neste vídeo que gravamos: