Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Bo día, aquí deixamos a convocatoria para os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico.

Tedes toda a información no PDF adxunto.

Convocatoria axuda para a compra de material escolar no curso 2023/2024 ao alumnado da ESO

BENEFICIARIOS: alumnado da ESO

CUANTÍA:

  • 75€ se a contía da renda per cápita é menor ou igual a 6.000€ ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, con independencia da renda.
  • 60€ se a cuantía da renda per cápita é superior a 6.000€ e inferior ou igual a 10.000€

SOLICITUDE

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN do 22 de maio ao 21 de xuño de 2023

FORMA DE PRESENTACIÓN

Máis información no arquivo adxunto

Lugar de realización das probas de acceso a ciclos medios de Formación Profesional

O lugar de realización das probas de acceso a ciclos medios de Formación Profesional é o CIFP Valentín Paz Andrade en Vigo.

Tedes a ubicación neste enlace.

ENQUISA DE CONVIVENCIA ESCOLAR. AMPLIACIÓN PRAZO: ATA O 31 DE MAIO

A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 inclúe o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos para a elaboración dun posterior dun informe de diagnose.

A recollida de datos en cada centro farase, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través dunha enquisa a realizar antes do vindeiro mércores 31 de maio, unha para cada sector da comunidade educativa: alumnado (que a fará na aula co seu profesorado titor), familias, profesorado e persoal non docente.

Para poder facer a enquisa correspondente ás FAMILIAS, seguiremos estes pasos:

  • Esta semana cada alumno/a levará para entregar na súa casa un impreso cunha clave ou código.
  • A nai/pai/responsable legal debe acceder á seguinte ligazón: https://edu.xunta.gal/convfamil
  • Responder ás preguntas e premer "Enviar" ao rematar o cuestionario.

Ante calquera dúbida, podes poñerte en contacto coa dirección do centro.

Grazas pola colaboración

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut