O día 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. En torno a esta data traballaremos con diferentes recursos que ampliarán o noso coñecemento sobre as persoas do noso redor.
Con EUROPE DIRECT LUGO, comezaremos o xoves 2 de decembro ás 14:00 horas, nun programa no que estará o director de cine Roberto Pérez Toledo e Marta Fuentes, Directora de proxectos de Ayudame 3D, poderedes seguilo en directo neste enlace de youtube.
Nas materias de Filosofía traballamos tamén no 38 Concurso Educativo da ONCE, porque debemos traballar unidos pola inclusión e converter ao alumnado en axentes de cambio, animándoo a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna. Porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade. Este ano, baixo o lema "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS", propóñennos pasar da sensibilización á acción, a través dunha proposta pedagoxicamente actual e atractiva,....
Tamén poderemos achegarmos á realidade do mundo da discapacidade a través da páxina da ONU onde atoparemos información sobre o empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sostible, como se pedía na Axenda 2030 para el Desenvolvemento Sostible, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
E se aínda queremos ampliar información sobre este tema podedes entrar na información que a representación en España da Comisión europea pon á nosa disposición no seguinte enlace..
«A medida que o mundo se recupera da pandemia, debemos asegurarnos de que as aspiracións e os dereitos das persoas con discapacidade se inclúan e se teñan en conta nun mundo pos-COVID-19 que sexa inclusivo, accesible e sostible. Esta visión só se logrará se se consulta activamente ás persoas con discapacidade e ás organizacións que as representan.»
António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas